AFECCIONADOS. XXVI TROFEO CONCELLO ARES. ORILLAMAR

Orillamar S.D.PRIMEIRO RIVAL DO NUMANCIA NO CUADRANGULAR DESTE SÁBADO

Nesta XXVI edición do torneo de afeccionados “Concello de Ares”, un dos catro equipos participantes será o Orillamar coruñés, un club presidido desde 1996 por Manuel Ríos Quintanilla e que conta actualmente cuns 500 socios, presentando 16 equipos en competicións federativas. 
 
 
Ares, 28 de agosto de 2013
Ascendido esta última temporada o equipo de afeccionados á Primeira Autonómica, e como equipo que coida da canteira, márcase o obxectivo de manter a categoría en todas as seccións do Fútbol -11. Nesta temporada a piques de arrancar ten os equipos de xuvenís e infantís na Liga Galega, mentres os cadetes xogarán na División de Honor.
O adestrador do primeiro equipo é un home da casa, como así o demostra o feito de que leve vinculado ao Orillamar uns 15 anos.  Jaime Paz, máis coñecido por Jimmy (un aresán na Coruña), terá como axudante a Jesús López nesta importante tarefa de manter a categoría recén estreada, á que regresan despois de tres temporadas na Segunda Autonómica.
O plantel estará formado polos seguintes xogadores:
- PORTEIROS: Ángel e Iván.
- DEFENSAS: Viana, Lopito, Iván, Diego, Castro e Maceiras.
- MEDIOS: Joseba, Poncela, Borja, Vigo, Tojo, Ferro, Álex, Figui e Blas.
- DIANTEIROS: Amir, Baña, Néstor, Choco e Quillo. 

Con respecto á temporada anterior, as novidades son estas:
- ALTAS: Viana e Lopito (soben dos xuvenís); Joseba (At. Arteixo) e Poncela (libre)
- BAIXAS: Borja (Calasanz), Blas (xuvenís), Piquer, Bascoy (Betanzos) e David (Calasanz)-

PARTIDOS E RESULTADOS NESTA PRETEMPORADA:
Orillamar, 8 – Marte, 0
Orillamar, 4 – Liceo, 0
Orillamar, 0 – Betanzos, 2
Orillamar, 1 – Malpica, 2

A segunda semifinal deste cuadrangular (sábado, 31 ás 19.30 h.) presenta un forte rival para o Numancia. Sen dúbida, unha boa ocasión para seguir demostrando o progreso do noso equipo nesta longa pretemporada.
 

Orillamar SD ( A Coruña)

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.