AFECCIONADOS. TRIANGULAR NUMANCIA - CARNOEDO - AS PONTES B

Carnoedo C.F.O CF CARNOEDO TEN COMO OBXECTIVO A PERMANENCIA NA PRIMEIRA.

Desde a outra beira da ría virá un club que ascendeu á Primeira Autonómica esta última temporada: o C.F. Carnoedo. Dirixido por quinto ano consecutivo por Manuel Castro, acudirá a Prados Vellos cun equipo similar ao do exercicio anterior.


Ares, 23 de agosto de 2013

Esta entidade pertencente á parroquia de Carnoedo no concello de Sada e presidida actualmente por Manuel Babío Illanez conta unicamente con este equipo federado. Hai que salientar que os 200 socios cos que conta proban un gran seguimento de siareiros,  se pensamos que estamos a referirnos a unha parroquia duns mil habitantes.

Detalle da boa organización do club vén dado polo corpo técnico, liderado por Manuel Castro quen está axudado por Leonardo Di Pasqua Fernández coma segundo adestrador; Pablo Soto Díaz, como preparador físico e Carlos Caamaño Cambón coma preparador de porteiros.

Este completo cadro técnico que buscará a permanencia na categoría contará cos seguintes xogadores para a temporada 2013-14:

Porteiros: Xoán e Javi

Defensas: Pepelu, Víctor, Pauleta, Puchi, Kike, Eloy e Óscar

Medios: Boni, Borja Dorado, Paco, Marticó, Toni, Bernardo, Alex Santos e Alex Couceiro

Dianteiros: Vila, Adrián, Miguel Boo e Santi Pita

Con respecto á temporada anterior producíronse as seguintes baixas:  Buta (retirado), Cañon (sin club) e Fombellida (sin club).

Chegan a este triangular de Ares despois dunha pretemporada na que obtiveron estes resultados:

Carnoedo 2 – Marino Mera 4

Cecebre 3 – Carnoedo 0

Sp. Sada 3 – Carnoedo 0

Triangular: Eume 0 – Carnoedo 0

                  Miño 1 – Carnoedo 1

 

CF Carnoedo. Final de Copa temporada 2012 - 2013 (Riazor)

CF Carnoedo. Equipo titular final de Copa temporada 2012 - 2013 (Riazor)

 CF Carnoedo, segunda equipación.

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.