Inicio Noticias Afeccionados Afeccionados: Pretemporada. Maniños, 3 - Numancia, 2
 
 

Afeccionados: Pretemporada. Maniños, 3 - Numancia, 2

Caeron no desconto.

 

Boas sensacións do equipo de afeccionados do Numancia no seu encontro de semifinales do Trofeo Industriales de Perlío fronte un rival, o Maniños, de superior categoría.
Ó descanso chegouse con ventaxe no marcador para os de Ares por 1-2. O final remontaría o conxunto de Fene no minuto 91 anotando o 3-2 definitivo.



17 de agosto de 2013, Os Pinares - Perlío (Fene)

 
Aliñacións:
 
Maniños: Diego (Óscar 45'), Marcos Suárez (Balaguer 72') , Killo, Iván, Caste, Kike, Blanco, Leo (Roi 88'), Penano (Yeray 72'), Churras e Rego (Mato 80). 
 
Adestrador: Andrés Otero González
 
Delegado: Juan M. Quintia Castro
 
Numancia: Carlos (Cristian 77'), Álvaro (D. Pérez 62'), Amenedo (Marcelo 60'), Dudi, Jauma(c)(Miguelito 68'), Alberto (Martín 35'), Manu (Isi 76'), Julio, Brayan, Rubén e Fernando.
 
Adestrador: Marcos Amor Roel
2º Adestrador: Manuel Cartelle Permuy
Delegado: José A. Couce Iglesias
 
Árbitro: D. Rodrigo Serrano Naveiras. Amosou cartón amarelo a Yeray do Maniños.
 
Goles: Leo, Yeray e Mato para o Maniños, Alberto e Rubén para o Numancia.

Gardouse un minuto de silencio polo pasamento do avó de Roque, xogador xuvenil do Numancia de Ares.

 

 

1-0 :  6' - Leo - Balón polo centro da zaga numantina con desaxuste defensivo aresán que aproveita Leo para entrar dende o pico dereito da área e batir a Carlos na súa saída.

1-1 : 13' - Alberto - Falta próxima o "corner" dereito do ataque numantino que saca Manu para que entrando dende atrás peitee Alberto ó fondo das mallas.
1-2 : 40' - Rubén - Falta en medio campo por banda esquerda que saca Jauma en profundidade sobre Fernando, o centro dende a liña de fondo de este e rematado dende a área pequena por Rubén.
2-2 : 85' - Yeray - Xogada embarullada na área dos de Ares con erros no despexe e no remate de uns e outros, balón o longueiro e o rechace aproveitao no pico esquerdo da área pequena Yeray para batir a Cristian.
3-2 : 91' - Mato - Contra dos Maniños con internada por banda dereita que culmina Mato dende preto do pico dereito da área pequena.
 
Tarde calurosa na primeira das semifinais do torneo Industriales de Perlío. Como xa sucedera na Pedreira, o Numancia chegaba ó encontro con moitas baixas cubertas por ata 6 xogadores do equipo xuvenil. 
Primeiros compases de dominio do Maniños con erros do Numancia que permiten ó equipo de O Pote adiantarse  no marcador. Lonxe de virse abaixo o Numancia asentouse no campo e comenzou a tocar o balón e buscar balóns longos para os seus puntas.
Nun de eses balóns longos forzou a falta que permitiría a igualada no marcador. Seguíu o encontro con alternativas no xogo predominando as defensas ós ataques. Sorprendería o Numancia na xogada do segundo tanto, aproveitando novamente unha xogada a balón parado en campo propio.
O resultado favorable nos primeiros 45 minutos para os de Ares pódese considerar xusto inda que tamén o Maniños dispuxo de algunha clara ocasión que non foi quen de anotar.
A segunda parte fixo aparecer a fatiga nos aresáns e comenzaron os trocos, pouco a pouco o Numancia foi cedendo terreo ante a maior presión do Maniños que consiguiría empatar nunha xogada embarullada xa no minuto 85.
Cando parecía que tocaría decidir o pase dende os 11 metros, unha contra sorprendeu a zaga vermella que viu coma no desconto perdía o encontro.
O Numancia pagou moi caro o cansazo e a xuventude dos seus xogadores pero amosou orde, e se algo queda claro é que ó longo da temporada o equipo numantino pode se o necesita tirar de canteira para sacar adiante os seus encontros.
Quizás fose máis xusto caer nos penaltis e non no último minuto porque fixéronse méritos para a lo menos xogala a cara ou cruz dende o punto da pena máxima.
O domingo xogaráse frente o Rápido de Neda o terceiro e cuarto posto, un rival que xa é da liga do Numancia xa que ambos equipos militarán na 2ª autonómica.
O encontro disputaráse en Os Pinares ás 17:30 do domingo 18 de agosto. 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.