AFECCIONADOS. PLAN COMPETICIONAL 2013-14

UN DESCENSO DA 2ª AUTONÓMICA NA TEMPORADA 2013-14

Na reunión celebrada este serán na delegación ferrolá de fútbol, os clubs de 2ª autonómica analizaron o plan competicional da vindeira temporada e …
Ares, 15 de xullo de 2013
… consideraron que no seu grupo o máis xusto era que só descendese o último clasificado, pois tamén existirá o risco do descenso por arrastre de máis equipos, dependendo dos descensos de Primeira Autonómica. Ademais, valorouse que se nun grupo de 16 equipos só ascende o campión e promociona o segundo clasificado, no grupo de Terceira, que son 9 equipos, resultaba desproporcionado que ascendesen dous equipos e disputase a promoción un terceiro.
En consecuencia, a temporada 2013-14 queda desta maneira:
En Segunda Autonómica, ascende a Primeira o campión e disputa a promoción o segundo clasificado, descendendo a Terceira o último clasificado. Esta liga comezará o 29 de setembro.
En Terceira Autonómica, ascenden a Segunda dous equipos: o primeiro clasificado da primeira fase e o campión da segunda fase.
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.