AFECCIONADOS. CARIÑO, 2 - NUMANCIA, 2.

Un punto con sabor a derrota
Empate a dous tantos do Numancia na súa visita a Cariño na tarde do domingo. Un gol dos locais nos minutos finais evitou traer os tres puntos ante un rival en inferioridade numérica dende a primeira metade. Ó descanso chegouse con vitoria visitante por 0-1.

 


Municipal de Cariño 21 de abril de 2013.

ALIÑACIONS

CARIÑO: Iago, Manuel, Nilis, Aneiros (Manu 70´), Miguel (Ángel 81´), Alvelo (C) (Pifo 76´), Alejandro, Jona, Nes, Roberto e Alex (Adán 46´).

Adestrador: Jesús López Méndez.
Delegado: Jesús Manuel Castro Ramos.

NUMANCIA: Carlos, Costa (C), Alexmarti, Antón, Martín, Manu (Jauma 62´), Teti, Julio (Álvaro 67´), Chapu, Alberto e Javi (Miguelito 72´).

Adestrador: Francisco Javier Bardanca García.
2º adestrador: Marcelino Martínez Fuentes.
Delegado: José Antonio Couce Iglesias.

COLEXIADO: Daniel Calderón Pérez. Amoestou a Alejandro, Alvelo, Pifo e Manuel polo Cariño, e a Teti, Alberto, Chapu, Miguelito e Jauma polo Numancia. Resultou expulsado Roberto do Cariño.

GOLES

0 - 1: min. 40, Javi . Entrada pola esquerda de Chapu en paralelo á liña da área con pase ó centro para que Javi adiante ós visitantes.

1 - 1: min. 52, Nes.  Falta dende a esquerda do ataque que remata un xogador local quedando o balón morto na área pequena, entre o rebumbio, Nes anda máis listo i envía o coiro o fondo da rede anotando o empate.

1 – 2: min. 64, Julio. Erro monumental do meta local que, tendo o balón controlado có pé, despexa mal entregandoo a Julio quen o dribla e anota o gol para o Numancia.

2 – 2: min. 89, Alejandro. Balón que ten controlado en tres cuartos de campo Alejandro quen ante a falta de oposición e indecisión da defensa visitante dispara con fortuna anotando desde lonxe o tanto que sorprende a Carlos.

 



Tarde agradable para xogar ó fúltbol en Cariño para ver un
partido que se presentaba interesante entre dous equipos da zona alta da clasificación. O Numancia amosou as súas intencións con duas aproximacións de perigo nos seis primeiros minutos con un saque de esquina que remata frouxo Chapu e unha falta que lanza Javi sen moitos problemas para o meta local.

O Cariño espertou ós sete minutos e xerou duas boas ocasións en sendos saques de esquina, un resolto non sin problemas por Carlos e Antón, e o outro que finalizou cun remate alto.

Os primeiros 15 minutos amosaron un equipo local que conseguía desbordar en ataque sobre todo por banda esquerda, xerando moito perigo pero ó mesmo tempo amosaba dificultades en defensa que permitía o Numancia chegar pero non atopar a forma de facer dano ó seu rival.

A explusión do local Roberto no minuto 19 facía pensar que os visitantes sacarían maior proveito da situación, pero os locais buscaron xogar máis directo metendo balóns dende a defensa buscando ás bandas, sobre todo a esquerda e conseguiron neutralizar a superioridade numérica visitante.

O Numancia tentaba xogar pero seguía a precipitarse no pase e a non escoller boas solucións en ataque. Con este ir e vir en ambos bandos chegouse ós últimos cinco minutos donde primeiro Nes obrigou a facer a Carlos unha boa parada e despois Javi  aproveitou o pase de Chapu para abrir o marcador.

Primeira parte igualada con moitas indecisións i erros defensivos en ambos bandos que ben puideron costar algún tanto máis.

A segunda metade comenzou cun Cariño tentando o empate, xerando duas xogadas perigosas nos primeiros 5 minutos. A reacción visitante non se fixo esperar e Julio dispuxo de unha ocasión para encarar a meta rival pero choca cun adversario, esta xogada foi protestada polo banquiño visitante reclamando a pena máxima pero quedou nun encontronazo fortuito según o criterio arbitral.

Á xogada seguinte , unha falta lateral é aproveitada polo equipo local para meter o balón á area quedando éste morto sendo o máis rápido Nes conseguindo anotar o empate.  Con o empate o partido ofrece xogadas por ambos bandos e ocasións más ou menos claras.

No minuto 64 un erro do porteiro local, que entrega o balón a Julio, permite ó numantino adiantar ós de Ares. No se veu a baixo o Cariño e buscou o empate, o que permiteu sair a contra o Numancia que dispuxo de duas ocasións dos debutantes Alberto e Miguelito, o primeiro é parado en falta o borde da área, i o segundo cruza en exceso ante a saída do meta local.

Cando os locais parecían resignados á derrota a falta de intensidade no xogo visitante permite chegar con o balón controlado i en boas condicións a Alejandro quen conecta un forte disparo que sorprende a Carlos entrando preto da escadra. Era o minuto 89.

Dende ahí ata o final ainda terían ambos equipos oportunidades para gañar o encontro, foron cinco minutos de correrúas sin orde, onde o gol rondou ambas porterías.

En resumo un partido donde a inferioridade númerica foi ben xestionada polos locais que renunciaron ó medio campo e buscaron o xogo de ataque directo aproveitando a fraxilidade defensiva do Numancia, precipitación, falta de contundencia i erros que pasaron factura en ambos goles. En ataque, a precipitación no xogo de medio campo, a falta de acerto cara a porta, e o non facer uso do recurso de disparar dende lonxe para tratar de sorprender ó meta local evitaron asegurar unha vitoria. Na parte positiva, unha vez máis a presenza de xogadores xuvenís, neste caso, Alberto e Miguelito que fixeron un bo traballo.

Este punto permite ós de Ares chegar a 51, e a falta de disputar dous encontros renunciar xa de forma matemática ás duas primeiras prazas, quedando coma obxectivo mellorar o actual 7º posto na clasificación. A semana vindeira desprazamento a San Sadurniño na penúltima xornada de liga.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.