AFECCIONADOS. NUMANCIA, 3 - BARALLOBRE, 1.

TRES NOVOS PUNTOS QUE DAN ESPERANZA.

Victoria traballada do Numancia ante un Barallobre que presentou batalla e nalgúns momentos do encontro tivo os de Ares entre as cordas.


Prados Vellos 24 de marzo de 2013.

ALIÑACIONS

NUMANCIA: Carlos, Antón (Álvaro 78´), Bule (C), Jauma (Borja 63´), Costa, Teti, Manu, Javi Enrique (Adrián 70´), Julio (Fernando 68´), Javi e Martín.
Adestrador: Francisco Javier Bardanca García.
2º adestrador: Marcelino Martínez Fuentes.
Delegado: José Antonio Couce Iglesias.

BARALLOBRE: Aarón, Jose (Pena 73´), Rico (Iván 46´), Héctor, Otero, Yáñez, Sergio, Pincho (C), Chingolo (Borja 60´), Dopico e Stupa.
Adestrador: Juan Enrique Anca Pedreras.
Delegado: Víctor Domínguez Cernada.

COLEXIADO: Eduardo Pereira Dobarro. Amoestou a Antón polo Numancia e a Otero, Héctor e Yáñez polo Barallobre.

GOLES: anotaron Julio e Javi (2) para o Numancia e Dopico para o Barallobre.

 

 



Partido no que se adiantaban os de Ares aos seis minutos de xogo despois dun disparo bombeado de Julio dende tres cuartos de campo que collen a Aarón adiantado e sorprendeo por alto. Durante a primeira metade os balóns en longo buscado as costas do rival e o centrocampismo foi a tónica xeral. O Barallobre malia ir por detrás no marcador non lle perdeu a cara ao partido e á contra dispuxo de dúas boas ocasións para empatar. A réplica deuna Manu para os de Ares cun remate de cabeza que Yáñez saca baixo os paus. No último cuarto de partido sería o conxunto aresano o que estaría algo máis activo levando perigo á área do Barallobre pero faltaría claridade de ideas na definición. Os primeiros corenta e cinco minutos non darían para moito máis e coa vitoria pola mínima dos de Ares iriámonos ao descanso.

Na segunda metade, e dous minutos despois da reanudación, unha bonita triangulación por banda esquerda entre Javi Enrique e Javi culminaría con gol deste último, o segundo para os de Ares. No minuto cincuenta, e despois dun maxistral lanzamento de libre directo de Dopico dende a frontal, o Barallobre acurtaba distancias. Na xogada seguinte Costa nun man a man non define diante de Aarón, e a réplica daríaa Sergio para o Baralobre cun forte disparo dende a frontal ao que Carlos responde cunha sensacional parada enviando o córner. Deste xeito trepidante comezaba a segunda metade.

O gol deu ánimos aos visitantes que vendo as súas posibilidades pasaron á acción e durante algúns minutos creáronlle moitos problemas ao conxunto aresano que non se daba desembarazado da presión á que o someteu o rival. Tiveron os de Ares uns minutos de descontrol no centro do campo onde varias perdas de balón aproveitadas polo Barallobre comprometeron a meta local. Tamén aproveitarían os visitantes as xogadas a balón parado para levar perigo a porta defendida por Carlos. Pasados eses momentos de apuro o partido volveuse igualar. No minuto sesenta e oito unha man na área de Otero supónlle a o Baralllobre a sanción da pena máxima que Javi se encargaría de transformar no terceiro tanto local. Este gol deixou noqueado a o Barallobre que perdeu a capacidade de reacción ante un Numancia en alza. Nos vinte minutos que restaron de partido serían os locais os que terían o control deste, ante un Barallobre que só a balón parado conseguía achegarse á área local. Os de Ares tiveron duas ou tres ocasións máis para matar definitivamente o partido pero non estiveron acertados. Ao final vitoria do Numancia ante o Barallobre por 3 - 1. Tres puntos que meten de novo aos de Ares na pelexa polas primeiras prazas.

Salientar do partido de hoxe o debut co primeiro equipo do xuvenil Adrián Rodríguez quen tomaba a alternativa de Javi Enrique, un dos xogadores máis veteranos do equipo.

 

JAVI ENRIQUE xogador equipo afeccionados do Numancia de Ares.ADRIAN xogador equipo xuvenil do Numancia de Ares.

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.