Afeccionados: Numancia, 4 - Somozas 'B', 2

A.D.R. Numancia de Ares. Aficionados 2012-2013. Numancia - Somozas B. Prados VellosREMONTADA NA SEGUNDA PARTE

O 1 – 2 que sinalaba o marcador no descanso e o pouco fútbol do Numancia levou a intranquilidade aos afeccionados locais.
Ares, 10 de marzo de 2013
Partido correspondente á vixésimo terceira xornada de liga da segunda autonómica ferrolá. Antes do comezo do partido, Javi Rubio recibiu de mans de Alejandro Pérez, representante da adega Murillo Viteri, o premio coma xogador máis regular do mes de febreiro. Seguidamente, o siareiro máis fiel, crítico e entusiasta do Numancia, o neno Marcos Paz Pazos, realizou o saque de honor e recibiu un agasallo dos xogadores locais. E finalmente, gardouse un respectuoso minuto de silencio en recordo de D. Remigio Fernández Prieto (socio de ouro do Numancia) e de D. José Pérez, “Joseíto” (ex – xogador do Numancia), ambos os dous falecidos esta semana. Descansen en paz.

Aliñacións:

Numancia: Carlos, Martín ( Jauma  46' ), Alex Marti (Costa 43' ), Bule(c), Antón, Teti, Fernando ( Ortega 46' ) (Álvaro 76'), Julio, Chapu, Javi, Javi Enrique.

Adestrador: Francisco Javier Bardanca García
2º Adestrador: Marcelino Martínez Fuentes.
Delegado: José Antonio Couce Iglesias

Somozas 'B': Tembrás, Óscar Alonso, Martínez (Dani 63'), Toni (Christofer 46'), Junior, Juan Alonso, Diego Graña (Diego González 78'), Aitor, Santi (c), Fer e Micael.

Adestrador: José Antonio Pico Barro.
2º Adestrador:----
Delegado: Juan Alonso Tembrás

Árbitro: Cristian Santos González amosou cartóns amarelos a: Javi e Javi Enrique polo Numancia; Junior e Christofer polo Somozas 'B'

 GOLES:

1 – 0 (11´) : Chapu, dentro da área, remata un bo centro desde a esquerda.
1 – 1 (21´m.): Falta que rexeita a barreira local, o balón vai para Martínez que engancha un bo disparo raso que non atalla Carlos.
1 – 2 (34´m.): Erro na entrega da defensa local, habilitando un balón de gol para Micael que non desaproveita.
2 – 2 (57´m.): Falta lateral que lanza Javi Enrique, sorprendendo por alto ao gardarredes visitante.
3 – 2 (68´m.): Balón interior para Javi Rubio quen define perfectamente diante do porteiro.
4 – 2 (85´m.): Excelente disparo de Chapu desde fóra da área buscando o ángulo contrario da portería.
 
COMENTARIO
O primeiro gol de Chapu parecía encarrilar un partido que había que gañar para non quedar descolgado dese pelotón de cabeza mais xa se vía que o partido non estaba controlado e que o Somozas B ía pór moitas dificultades. Principalmente por banda esquerda entraban unha e outra vez, creando moitísimo perigo na portería aresá. E así chegaron os goles visitantes, levando o desasosego á parroquia porque vía coma se perdía un partido que a priori estaba gañado. E grazas que chegamos ao descanso cunha derrota mínima xa que os visitantes puideron aumentar a súa vantaxe de non ser polos postes. En dúas ocasións vimos o balón dentro das redes gardadas por Carlos. Non foi así e a sorte que faltou noutros partidos, favoreceunos nesta ocasión.
A segunda parte foi outro partido. Nada máis comezar, Ortega (reaparecía despois de varios meses lesionado) tivo un man a man co porteiro, quen evitou o empate. Pero xa había outra sensación, quizás un pouco máis de pausa, unha tregua nos pelotazos anteriores, e tamén un Somozas B que xa non chegaba arriba, talvez acusando o esforzo da primeira parte. Foron entrando os goles e aínda houbo máis ocasións para pechar o partido sen ter que agardar aos últimos minutos, a ese precioso gol de Chapu que evaporou todas as posibilidades do Somozas.
Non podemos dicir que fose un bo partido e quedaremos co positivo do resultado, aínda que o equipo loita e hai entrega no esforzo,  non aparecen nin as xogadas de calidade, nin os pases de gol, nin tampouco a seguridade defensiva necesaria. E agora a seguir pelexando, partido a partido, coa intención de sumar puntos. A próxima xornada, na Capela, teremos outra final, e non será fácil.
 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.