Inicio Noticias Afeccionados AFECCIONADOS: NUMANCIA, 4 - XUVENTU DE CABANAS, 2.
 
 

AFECCIONADOS: NUMANCIA, 4 - XUVENTU DE CABANAS, 2.

O MELLOR DO PARTIDO OS TRES PUNTOS.

Partido correspondente á 16ª xornada de liga da segunda autonómica, e primeiro partido da segunda volta, que rematou con vitoria numantina ante o X. de Cabanas por 4 - 2. Ao descanso o marcador reflectía un resultado de 2 - 1.


Ares 20 de xaneiro de 2013.

ALIÑACIONS

NUMANCIA: Carlos, Martín, Alexmarti, Jauma (Teti 31´), Antón, García, Manu (Dudi 79´), Bule, Javi, Jaime (Fernando 72´) e Javi Enrique (Costa 86´).

XUVENTU DE CABANAS: Edu, Masky, Romaus, Pablo Basoa, Rene, Javi (Seve 67´), Pablo Casal (Gabi 60´), Lucho (Cholo 46´), Bollo, Freire e Chema (Isma 54´).

COLEXIADO: Cristian Santos González.

Amoestados Jauma, Alexmarti, e Javi polo Numancia. Pablo Casal e Romaus polo Cabanas.

Expulsados: Fernando (cartón vermello) polo Numancia. Bollo (cartón vermello) e Isma (dobre amarela) polo Cabanas.

GOLES:

1 - 0: min. 11, falta a sete metros da frontal da área que Javi Enrique pon no lateral ezquerdo da área pequena sobre Javi, a baixa e de disparo algo forzado cóaa entre o porteiro e o pau.

1 - 1: min. 17, libre directo que lanza Rene, o balón bota diante de Carlos escapalle entre as mans e traspasa a liña de gol.

2 - 1: min. 43, condución de balón de Manu por banda dereita, pon un centro ao pico esquerdo da área pequena onde Javi Enrique a baixa co peito, regatea ao seu marcador e marca de disparo cruzado.

3 - 1: min. 50, contragolpe por banda dereita conducido por Javi Enrique que culmina cun centro pasado ao segundo pau onde Manu a baixa co pé, intérnase na área pequena pegado á liña de fondo e ábrea en curto sobre Javi para que a eleve a media altura e bata a Edu.

3 - 2: min. 62, Cholo de penalti.

4 - 2: min. 90, cambio de xogo do Numancia cun pase en profundidade á banda esquerda sobre Javi, a controla, continua coa condución, alcanza o lateral esquerdo da área e pon un centro sobre a entrada dende atrás de García, pero o balón encóntrase coa cabeza de Pablo Basoa que no seu intento de rexeitamento introduceo en propia porta.

 

 

Antes de dar comezo ao partido gardouse un respectuoso minutos de silencio en memoria do xogador do Galicia de Mugardos e veciño de Ares, Cesar Torrente, quen desafortunadamente nos deixou este pasado martes. Descanse en paz.

Tarde de frio en Prados Vellos coma frio foi o encontro entre o Numancia e Cabanas. Comezaron ben os de Ares nos primeiros minutos de partido, apostando por un xogo combinativo e tratando de ter a posesión do balón ante un Cabanas que baseou o seu xogo no futbol directo. Aos once minutos do inicio adiantáronse os de Ares no marcador por medio de Javi, e seis minutos despois Rene a balón parado empataba o partido. Pasados os primeiros vinte minutos de encontró e a raíz do gol encaixado, o Numancia comezou a perder algo de soltura, contaxiándose do estilo de xogo do rival, en lugar de apostar polo trato do balón como estivera a facer. De aquí ao descanso pouco futbol viuse en Prados Vellos posto que ningún dos dous equipos foi quen de marcar en impoñer o seu ritmo de xogo. O gol marcado por Javi Enrique a dous minutos do tempo regulamentario permitiu aos de Ares irse ao descanso cun marcador de 2 - 1.

Na segunda metade foi o Numancia o que marcou en todo momento o tempo do partido ante un Cabanas que apenas inquietou a área numantina. Aos poucos minutos da reanudación Javi poñía o 3 - 1 no marcador. Continuaban os de Ares marcando o ritmo de xogo, pero nunha xogada illada do Cabanas, Alexmarti comete penalti e Cholo acurta distancias. Malia o revés do gol os de Ares continuaron marcando o ritmo, dispoñendo de varias e boas ocasións para matar definitivamente o encontro, pero os locais non foron quen de acertar na diana, en parte impedidos por algunhas boas actuacións do meta visitante. Tería que ser Basoa, co partido prácticamente rematado e en propia porta o que pechara o marcador local.

Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.