AFECCIONADOS. BARALLOBRE, 1 - NUMANCIA, 2.

Numancia de Ares ADR. Afeccionados 2012-2013. Barallobre 1 - Numancia, 2. O Ramo 25/11/12.PARTIDO GRIS

Os de Ares suman tres puntos importantes no sempre difícil campo de O Ramo.

 


Barallobre 25 de novembro de 2012.

ALIÑACIONS

BARALLOBRE: Rubén Patiño, Jose (Rubén Rico 77´), Iván, Pena, Héctor, Justo, Rubén Mayo (Gabi 80´), Pincho, Chingolo, Sergio (Cristian 74´) e Petete (Carlos 63´).

NUMANCIA: Carlos (Putxi 46´), Martín (Dani 85´), Alexmarti, Costa, Antón, Teti, Manu (Dudi 60´), Julio (Juanlu 68´), Javi Enrique (Álvaro 76´), Jaime e Javi.

COLEXIADO: Pablo Formoso Díaz. Amoestou a Héctor, Pena e Pincho polo Barallobre e a Jaime polo Numancia.

GOLES:

0 – 1: Javi, min. 60 (penalti)

0 – 2: Javi, min. 70.

1 – 2: Pena, min. 89.

 

 

Partido gris e de pouco fútbol o que nos ofreceron Barallobre e Numancia este pasado fin de semana en O Ramo. Da primeira metade pouco hai que contar. Moito centrocampismo e pouca profundidade por parte dos dous equipos que abusaron dos balóns en longo, por outro lado alternativa á que non houbo máis remedio que recorrer ante a imposibilidade da condución do balón debido ás irregularidades do terreo de xogo. Só os dez últimos minutos de partido ofreceron algo de suspense e emoción ao respectable con cinco ocasións consecutivas de gol, tres para o Numancia e duas para o Barallobre. De todas elas, as máis claras un disparo ao longueiro do Numancia por parte Julio e un balón que sae lambendo a base do poste para o Barallobre. Con empate a ceros no marcador e as espadas en todo o alto marcharíamos ao vestiario

A segunda metade comezou con forte ritmo creando nos minutos inicial unha ocasión cada equipo, pero pouco a pouco o ritmo foi decaendo para volver a mesma dinámica da primeira metade. No minuto sesenta de partido un penalti cometido por Pena sobre Jaime e que se encargou de transforma Javi poñería por diante aos de Ares. O Baralobre non lle perdeu a cara ao partido e nove minutos despois Chisco enviaba o balón ao longueiro. A réplica daríaa o Numancia tres minutos máis tarde en forma de gol. Córner a favor dos de Ares que bota Javi Enrique, Javi entrando dende atrás adiantase á defensa e de certero cabezazo axustado á base do pau marca o segundo, corría o minuto setenta de partido. Este gol fixo moito dano ao Barallobre que baixo un tanto os brazos, permitindo ao conxunto aresano xogar con máis tranquilidade e marcar o ritmo do partido. Pero como dixemos a pasada semana "ata o rabo todo é touro" e no minuto oitenta e nove, Pena de libre directo próximo ao círculo central, a priori sen aparente perigo, sorprende de forte zapatazo a propios e estraños marcando un gol psicolóxico para os de Ares. A todos, xogadores e afeccionados, véusenos á mente o partido fronte A Capela da pasada xornada. O Barallobre veu tamén esa posibilidade e envorcouse nun acoso e derribo na área numantina, pero afortunadamente o tempo non deu para moito máis, e nesta ocasión os tres puntos viaxaron para Ares.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.