AFECCIONADOS. PERLÍO - NUMANCIA
FINAL DO TROFEO INDUSTRIALES DE PERLÍO
Despois de eliminar na tanda de penaltis ao Mandiá (4-3), nun partido que finalizou con empate a dous goles, o Numancia disputará a final o sábado, 25 de agosto, ás 19.30 h. no campo dos Pinares.
Ares, 25 de agosto de 2012
Finalmente, Bardanca e Marcelino tiveron que realizar unha segunda convocatoria para esta fin de semana, tras empatar a dous goles (Jaime e Rubén) co Mandiá e estar máis acertado na tanda de penaltis (4-3). Os xogadores citados para esta final, son:
Porteiros: Carlos e Adrián.
Defensas: Bule, Dudi, Álex Marti, Costa.
Medios: Teti, García, Javi Enrique, Juanra, Jesús, Juanlu.
Dianteiros: Ortega, Javi Rubio, Jaime e Rubén.