AFECCIONADOS. NUMANCIA, 1 - MANIÑOS, 4
CUARTOS NO TROFEO SAN SALVADOR DE MANIÑOS.
O equipo fenés conseguiu distanciarse no marcador no último tramo do partido
Ares, 5 de agosto de 2012
Este domingo o Numancia presentou a seguinte aliñación inicial:
Carlos; Álvaro, Teti, Bule, Martín; Álex Marti, García; Manu, Ortega, Julio; Javi Rubio. Ao longo da segunda metade entraron Javi Enrique, Fernandito, Antón, Adrián e Jonhy.
Na primeira xogada do partido, co Numancia aínda no vestiario, o equipo local adiantouse no marcador, tras unha boa xogada pola banda. E con ese solitario gol e dous equipos parellos no xogo, chegouse ao descanso.
Na segunda parte, Javi Rubio empatou o partido pero o Maniños aproveitou os erros defensivos e o lóxico cansazo dalgúns xogadores do Numancia para redondear un marcador contundente.
En conclusión, un partido máis de adestramento, con dous equipos que aínda están a buscar o ritmo necesario para a competición.
Desde o Numancia, queremos finalmente agradecer á SC. Maniños a súa invitación a este torneo e felicitalos tamén pola excelente organización do mesmo.
Esta semana, os xogadores aresáns terán outras tres sesións de adestramento: martes, mércores e xoves, previas á disputa do cuadrangular de fin de semana no que se enfrontarán o sábado ás 18.00 h. ao Santaballés, no primeiro partido do torneo.