Inicio Noticias Afeccionados AFECCIONADOS. NUMANCIA, 1 - VICTORIA, 2
 
 

AFECCIONADOS. NUMANCIA, 1 - VICTORIA, 2

DOMINGO, ÁS 18.00 H. NUMANCIA - MANIÑOS
A derrota pola mínima ante o Victoria coruñés, nun entretido e equilibrado partido, conduce aos aresáns cara a disputa do terceiro posto do trofeo de San Salvador de Maniños.

 


Ares, 4 de agosto de 2012
Na primeira semifinal o Numancia presentou esta aliñación:
Carlos; Costa, Dudi, Bule, Martín; Javi Enrique, Teti; Manu, Shuster, Julio; Javi Rubio. Ao longo da segunda metade entraron Pablo, Juanra, Juanlu e Cagide.
Sendo o primeiro partido da pretemporada, hai que valorar moi positivamente esta primeira proba, ante un contrario máis rodado e con máis velocidade, principalmente na dianteira. Rematou a primeira parte cun gol conseguido polo Victoria nos últimos minutos, tras un bo contraataque. Nos segundos corenta e cinco minutos, o Numancia empatou cun gol de Julio, pero os coruñeses marcaron un segundo gol que foi definitivo, aínda que os aresáns tiveron as súas oportunidades para volver empatar o partido.


A convocatoria para o partido de mañá, domingo, 5 de agosto, ás 18.00 h. está formada polos seguintes xogadores:
Porteiros: Adrián e Carlos.
Defensas: Álvaro, Bule, Dudi, Martín, Antón.
Medios: Manu, Teti, Julio, Javi Enrique, Javi Rubio, Álex Marti.
Dianteiros: Fernandito, Jonhy e Ortega.
Coma novidades respecto da temporada anterior, temos o regreso de Antón, Ortega, Fernandito e Álex Marti, así como a presenza de Álvaro e Jonhy, que soben de xuvenís.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.