AFECCIONADOS. PRESENTACIÓN

O VENRES, 27 DE XULLO, ÁS 20.15 H. COMEZA O NUMANCIA 2012-13
Fran Bardanca e Marcelino dirixirán por segunda temporada ao primeiro equipo aresán, comezando este vindeiro venres coas sesións de adestramento.

Ares, 21 de xullo de 2012
A relación completa dos xogadores, maioritariamente aresáns, que saltarán ao céspede de Prados Vellos nesa primeira sesión preparatoria son estes:
Continúa da temporada anterior: Carlos Arnoso, Jauma, Bule, Martín, Teti, García, Javi Enrique, Manu, Jesús, Carlos Barcia, Javi Rubio e Costa.
Procedentes de xuvenís: Álvaro, Jony, Juanra, Amenedo e Cagide.
Altas: Juan Luís (sen equipo), Julio (Eume), Rubén Ortega (sen equipo), Dudi (Mugardos B), Álex Marti (sen equipo) e Adrián Rodeiro (sen equipo).
Durante a primeira semana os adestramentos serán o luns, mércores e xoves estando confirmado xa os primeiros encontros amigables:
No torneo de San Salvador de Maniños, o sábado 4 de agosto, o Numancia terá como rival na primeira semifinal ao Victoria coruñés. O domingo, 5 de agosto xogarase a final e o 3º e 4º posto.
Unha semana despois, no torneo do Concello de Ares,  o Santaballés e o Numancia disputarán ás 18.00 h do sábado, 11 de agosto, a primeira semifinal. O domingo, 12 de agosto, terá lugar a final e o 3º e 4º posto.
E tres días despois, o 15 de agosto, será o Mugardos de preferente o que visite Prados Vellos.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.