Inicio Noticias Afeccionados AFECCIONADOS. ORTIGUEIRA, 3 - NUMANCIA, 0.
 
 

AFECCIONADOS. ORTIGUEIRA, 3 - NUMANCIA, 0.

Numancia de Ares ADR. Afeccionados 2011-2012. Ortigueira 3 - Numancia 0. Morouzos 13/05/12O POUCO OLFACTO GOLEADOR SENTENCIOU AOS DE ARES.

Esta quizais foi a clave do partido, os de Ares puxeron as ocasións, mentres que o Ortigueira puxo os goles.

 


Morouzos (Ortigueira) 13 de maio de 2012.

ALIÑACIONS:

ORTIGUEIRA: Julián, Ares (Rodrigo 75´), Breijo (Marcos 81´), Camilo. Moreno, Víctor, Chispi, Borja (Armada 67´), Aitor (Becan 52´), Alberto (Javi 75´) e Borjita.

NUMANCIA: Carlos Arnoso, Álvaro (Jony 67´), Martín, Bule, Dario (Juanra 67´), Teti, Manu (Roque 77´), Javi Enrique, Carlos Barcia, Jesús e Rubén.

COLEXIADO: Alberto Martínez Miguez. Amoestou a Breijo do Ortigueira e Rubén do Numancia. Expulsou a Fran (adestrador) do Numancia.

GOLES:

Chispi, Aitor e Breijo para o Ortigueira.

  



Hoxe en Moruzos puidemos ver o equipo de afeccionados do Numancia máis novo de toda a temporada 2011-12, e posiblemente de toda a súa historia. Un total de seis xogadores xuvenís e un cadete completaban a aliñación que os numantinos desprazaron ata Ortegal para enfrontarse ao Ortigueira. Fran e Marcelino tiveron que facer maxia cos cambios e máis dunha cábala para non incorrer en aliñación indebida.

Posiblemente esa xuventude e inexperiencia na categoría fose o motivo dos desaxustes defensivos dos de Ares nos primeiros vinte minutos de xogo ante un Ortigueira moito máis veterano. Este feito foi aproveitado polos locais para dominar con claridade durante eses minutos. Foron vinte minutos de claro control e dominio do equipo local. Froito dese dominio chegaría o primeiro gol cando corría o minuto nove de xogo. Unha xogada por banda dereita do Ortigueira que culmina con centro ao punto de penalti é rematada por Chispi ao fondo da rede para poñer por diante aos locais. Continuou dominando o Ortigueira que dispuxo dalgunha ocasión para facer subir algún gol máis ao marcador. Ainda que pouco a pouco os de Ares, pasados eses minutos iniciais de apuros, fóronlle tomando o pulso ao partido e á contra dispuxeron das súas oportunidades, para empatar, e mesmo para porse por diante no marcador. Pero primeiro Manu e despois Javi Enrique, fallaron senllos man a man co gardameta local. Cando mellor o estaban facendo os de Ares chegaría o segundo gol do Ortigueira. Novamente por banda dereita, nesta ocasión Aitor vaise dos seus marcadores e marca de disparo cruzado dende o lateral da área. Con este resultado de 2 – 0 marcharíamos ao descanso.

A segunda metade comezaría cos de Ares moito máis metidos no partido que os locais, de feito foron os que levaron a maior parte do peso do partido nesta segunda metade. Deles foi a primeira ocasión deste segundo período, cando Bule de libre directo dende tres cuartos de campo rival estrela o balón no traveseiro, corría o minuto cincuenta. Outra gran ocasión malograda. Continuaron os de Ares dominado e creando sen pasar ningún apuro durante os vinte e cinco primeiros minutos. E na primeira aproximación dos locais á porta aresá nesta segunda metade chegaría o terceiro. Lanzamento de libre directo dende o pico da área que Carlos rexeita de puños, o balón chégalle a Breijo que remacha dende o punto de penalti segundo lle cae o balón, corría o minuto setenta de partido. De aquí ao final do encontro dominio alterno de ambos os dous equipos.

No partido de hoxe os adestradores aresanos volveron apostar pola xuventude. Foron moitos os xuvenís que debutaron co primeiro equipo ao longo da temporada, máis se cabe nos últimos dous meses, acusado o equipo polas baixas dunha plantilla curta. Esta circunstancia deu a posibilidade de dar paso polo primeiro equipo a prácticamente toda o plantilla xuvenil, e tamén a dous cadetes. E hoxe non podía ser menos polo que tamén houbo posta de longo. Nesta ocasión para os xuvenís Juanra e Roque, e o cadete Darío, que serían os que farían o seu debut no partido fronte o Ortigueira. Moitas grazas rapaces e noraboa.

Este foi o último partido de liga da presente temporada 2011-12. O próximo fin de semana dará comezo a Copa Delegación de Ferrol. Os de Ares recibirán o próximo domingo, 20 de maio, ás 17:30 h, en Prados Vellos, ao vixente campión de liga, o Meirás de Nesy Otero. Partido de dezaseisavos de final a unha soa volta. Sen dúbida un óso duro nun partido que a priori se presenta moi interesante. Esperemos que Fran e Marcelino recuperen os xogadores que por uns ou outros motivos non estiveron dispoñibles fronte ao Ortigueira,

Esta non foi unha temporada doada, todos somos coñecedores de que o infortunio se cebou connosco, sobre todo na recta final da temporada. A escasa plantilla coa que se inicio a mesma viuse minguada gravemente pola marcha de xogadores importantes debido a cuestións laborais, pero o primeiro é o primeiro. As lesións tampouco nos acompañaron e houbo xogadores que estiveron, e a día de hoxe ainda continúan, moitas xornadas no dique seco. Outros, incomprensiblemente, e sen razóns aparentes abandonaron o barco deixando os seus compañeiros á súa sorte. Pero malia todos os reveses, os que quedaron, os comprometidos, os que apostaron polo equipo, deixaronse a pel ata o último partido. Moitos foron os comentarios que un escoitou na banda. E poucos os que apostaron pola posición real do equipo ao final da temporada. Posición que en ningún momento se viu comprometida, posto que o equipo sempre estivo na parte alta da táboa, loitando cos mellores. Agora que prácticamente todo rematou, pase o que pase, só me queda felicitarvos e darvos o meu agradecemento persoal pola gran temporada de liga que nos fixestes disfrutar, mantendo incluso as esperanzas ata a última xornada. Co pouco que tiñamos, fixestes milagres, fixestes unha gran temporada ligueira e a bo seguro a máis dun terédeslle pechado a boca. Moitas grazas por todo e vaia a miña máis sincera noraboa.

Ahora toca disfrutar da copa. O domingo, 20 de maio, ás 17:30 h, esperamos a toda a MAREA VERMELLA en Prados Vellos. Dezaseisavos de final de Copa Delegación de Ferrol ¡¡¡NUMANCIA – MEIRAS!!!.

Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.