Inicio Noticias Afeccionados AFECCIONADOS. NUMANCIA, 5 - SOMOZAS "B", 1.
 
 

AFECCIONADOS. NUMANCIA, 5 - SOMOZAS "B", 1.

Numancia de Ares ADR. Afeccionados 2011-2012. Numancia 5 - Somozas SENTENCIOUSE NA SEGUNDA METADE.

Os de Ares vencen con solvencia a un Somozas que presionou moito pero que non puido sacar proveito do seu xogo.

 


Prados Vellos (Ares) 6 de maio de 2012.

ALIÑACIONS

NUMANCIA: Carlos Arnoso, Martín, Bule, Jauma (Álvaro 60´), Zeta, Teti, Manu (Jhony 75´), Alex García, Javi Enrique (Miguel 84´), Jesús e Rubén (Carlos Barcia 65´).

SOMOZAS “B”: Lufi, Jacinto, Marcos, Quique, Piñón, Héctor (Chicho 46´), Reboredo (Loure 46´), Martínez (Junior 80´), Santi, Micael (Lanrence 60´) e Alonso.

COLEXIADO: Raquel Ortega Orge. Foron amoestados Teti e Javi Enrique polo Numancia. Santi e Chicho polo Somozas "B".

  



GOLES:

1 - 0: min. 16, balón en profundidade de Teti sobre Rubén que encara ao gardameta regatéao e marca a porta baleira.

2 - 0: min 20, xogada de contraataque dos de Ares na que Jesús pon un pase milimétrico ás costas da defensa sobre Rubén, o dianteiro aresán, en xogada idéntica á anterior, queda só ante o gardameta ao que regatea para volver marcar a porta baleira.

2 - 1: min. 24, perda de balón do Numancia no centro do campo que consegue Santi, quén inicia unha rápida xogada por banda dereita que culmina con pase da morte á área onde Reboredo entrando dende atrás remacha ao fondo das mallas.

3 - 1: min. 62, pase en profundidade de Manu sobre Jesús que prolonga o balón para superar a saida de Lufi.

4 - 1: min. 79, de novo Jesús en xogada similar á anterior pero nesta ocasión a pase de Zeta.

5 - 1: min. 82, Alex García de cabeza ao saque dun córner.

Partido de forte ritmo o que impuxo o Somozas dende o asubío inicial, exercendo unha forte presión nas saídas a balón controlado dos de Ares. Durante os primeiros minutos do encontro o equipo local non se sentiu cómodo con esa presión o que propiciou algunhas perdas de balóns perigosas para a área numantina. Os de Ares pouco a pouco foronlle tomando o pulso ao encontro e no minuto vinte chegaría o primeiro tanto local. Catro minutos despois, e en xogada similar á do primeiro gol, chegaría o segundo, ambos os dous obra de Rubén. O Somozas continuaría presionado no seu xogo e obtiveron o seu premio catro minutos máis tarde. Despois dunha perda de balón dos de Ares no centro do campo Reboredo acorta distancias. Cando corría a media hora de xogo. o colexiado anularía un gol aos de Ares por posible fora de xogo de Rubén. E dende aquí ata o final da primeira parte, pouco fútbol e excesivo abuso do xogo aéreo por parte dos dous equipos, para chegar ao descaso con vitoria dos de Ares por 2 - 1.

Na segunda metade volvería o Somozas a tomar a iniciativa e a marcar o ritmo do partido. Pero nesta segunda parte o xogo combinativo dos de Ares anularía en moitas fases do encontró a presión do equipo visitante. O Somozas durante toda a segunda metade volvería a recorrer aos balóns en longo tratando de sorprender á zaga aresana que estivo firme en tarefas defensivas. Pola contra os de Ares trataron de combinar e xogar o balón, sentíronse cómodos e comezaron a crear, non tardando en chegar as ocasións. Ocasións que aos vinte minutos de xogo, e dez minutos despois, Jesús, en dúas xogadas similares, converterías en gol para sentenciar o partido. Os últimos minutos do encontro foron un correrúas, os balóns voaban dunha área a outra producíndose algunha ocasión clara para o Somozas pero que Carlos solucionou con firmeza. E a oito minutos do final Alex García poñía a guinda ao pastel co quinto para os de Ares.

Como curiosidade do partido de hoxe, e empregando un símil toureiro, mencionar que o xogador máis novo do partido, Miguel Fernández (cadete de 2º ano), tomou a alternativa de Javi Enrique, un dos xogadores máis veteranos do plantel numantino. Tamén debutou hoxe o xogador xuveníl Jhony. Sen dúbida unha gran aposta de Fran e Marcelino pola canteira, posto que xa foron varios os xogadores que debutaron esta temporada co primeiro equipo. Mencionar tamén a volta, xa recuperado, de Carlos Barcia, que levaba un mes fóra da disciplina do equipo por mor dunha lesión.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.