Afeccionados: Valdoviño, 1 – Numancia, 3

Bó partido do Numancia

Data: 22-03-08 ás 16:30

Juan Alberto

ALINEACIÓNS:

Numancia: 1 Kiko, 2 Bule, 3 Jauma, 4 García, 5 Vicente, 6 César, 7 Jesús, 8 Teti, 9 Oli, 10 Pedro, 11 Rubén, 12 Costa, 14, Redondo, 15 Dani e 16 Jose.

Valdoviño: 1 Toni, 2 Maniche, 3 Jacobo, 4 Marcial, 5 Méndez, 6 Agustín, 7 Raúl, 8 Fran, 9 Marcos, 10 Alberto, 11 Seo, 12 Veiga e 14 Ángel.



CAMBIOS:

Numancia: Jose por Jesús (mint 59), Costa por Bule (mint 76), Redondo por Rubén (mint 84) e Dani por César (mint 85).

Valdoviño: Veiga por Raúl (mint 46) e Ángel por Alberto (mint 55).

GOLES:

0 – 1 mint 35, balón que golpea Bule e toca nun defensa facendo có balón colla parábola e despiste a Toni

0 – 2 mint 74, balón que chega á banda deita e José en carreira golpea forte e raso para marcar o segundo.

0 – 3 mint 86, balón en profundidade que recolle Oli, métese no área e marca levantando ó balón ante a saida do porteiro.

1 – 3 mint 92, balón centrado ó segundo pau que non logra despexar a defensa e remata un xogador do Valdoviño a un metro da portería.



TARXETAS: viron cartón amarelo Jauma e César, os dous na primeira parte.

COMENTARIOS: bó partido do Numancia que consolida a melloría no xogo dos últimos encontros. Nos primeiros minutos o Numancia xogou mellor, tocando e chegando pero tivo problemas en balóns largos ás costas da defensa, foi nesta fase do partido onde os mellores de cada equipo foron os porteiros. O gol dou mais tranquilidade ó xogo e o Numancia que deixou menos espazos atrás, desta forma o maior perigo do Valdoviño veu a balón parado, pero pese ó forte vento o Numancia solventou ben eses balóns. Na segunda parte o Numancia saíu decidido a sentenciar o partido e tivo duas ocasións moi claras nos primeiros 10 minutos de Oli e Rubén que incomprensiblemente non remataron en gol. Estes erros crearon algún nervosismo xa que todos pesábamos no que sucederá no partido anterior co Mugardos onde non se soupo sentenciar, pero un gol de Jose no minuto 74 dou mais tranquilidade, logo se meteu o terceiro e o gol da honra do Valdoviño veu no descontó. Boa sensación do Numancia que transmitiu firmeza dende a zaga e sobre todo dende a portería.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.