Inicio Noticias Afeccionados AFECCIONADOS. NUMANCIA, 5 - VALDOVIÑO, 0.
 
 

AFECCIONADOS. NUMANCIA, 5 - VALDOVIÑO, 0.

Numancia de Ares ADR. Temporada 2011-2012. Numancia 5 - Valdoviño 0. Prados Vellos 22/04/12MANITA DO NUMANCIA AO VALDOVIÑO.

Pouca oposición mostrou hoxe o Valdoviño en Prados Vellos ante un Numancia que foi claro dominador do partido.

 

Ares 22 de abril de 2012.

ALIÑIACIONS

NUMANCIA: Carlos, Martín, Costa, Jauma, Teti, Zeta, Manu (Álvaro 67´), Jesús (Borja 58´), Javi Enrique (Juan 58´), Javi (Pepe 67´) e Rubén.

VALDOVIÑO: Bruno, Jota, Méndez, Jaco, Luís, Raúl (Alberto Tartenegro 46´), Pena, Alberto Abal (Fonso 46´), Grandal, Nano e Felipe.

COLEXIADO: Borja Gundín Barreiro.

GOLES:

Javi (4) e Rubén para o Numancia.

 

 

1 – 0: (min. 30), balón rexeitado da área visitante que recolle Jesús na semilúa, pase en profundidade sobre Rubén que encara a Bruno, regateao e marca porta baleira.

2 – 0: (min. 32), balón bombeado que bota na área visitante, Javi adiántase ao gardameta local e a un defensa para supera a ambos os dous de vaselina.

3 – 0: (min. 50), córner que a defensa local non acerta a despexar, o balón queda morto na área e Javi mete o pé para enviar o fondo da rede.

4 – 0: (min. 58), Javi de cabeza á saída dun córner.

5 – 0: (min. 67), bonita xogada por banda esquerda de Juan Escudero que culmina cun centro preciso ao punto de penalti para que Javi entrando dende atrás marque o quinto dos de Ares e o cuarto na súa conta particular.

Antes de dar comezo o encontro fíxose entrega do Trofeo Murillo Viteri do mes de marzo. Nesta ocasión o galardoado foi Javi Enrique, ao que dende aquí lle damos os nosos parabéns. Fixo a entrega do Trofeo Manolo Canosa en representación de Manel Pérez, que no día de onte sufriu un infarto do que afortunadamente se recupera de forma satisfactoria. Manel un abrazo e ánimo. Tamén queremos aproveitar para mandarlle un forte abrazo a Cesar, á súa esposa e ao seu fillo, que no día de onte sufriron un pequeno accidente de tráfico, do que afortunadamente non houbo que lamentar graves lesións. Cesar era un dos xogadores convocados para o partido de hoxe, e tampouco puido estar entre nós. Manel, Cesar, a Xunta Directiva do Numancia, xogadores e afección desexámosvos unha pronta recuperación e esperamos vervos pronto entre nós. Un abrazo a vós e ás vosas familias.

Entrando xa no partido. No encontro de hoxe os dous equipos presentábanse baixo mínimos en canto a efectivos. Os de Valdoviño tan só dous cambios no banco. E os de Ares, xa de por si cunha plantilla curta, á que houbo que sumar a baixa de última hora de Cesar, e por outro lado, lesións, sancións e algunhas ausencias inxustificadas, obrigaron o míster a tirar da canteira. Foron convocando para o choque tres xuvenís e un cadete, Álvaro, Borja, Pepe e Juan, grazas, vós si sodes exemplo de compromiso e do que algúns deberían de tomar boa nota.

O encontro de hoxe non ten moito que contar, foi un partido caracterizado polo pouco ritmo do xogo, en no que os de Ares levaron a iniciativa e tiveron o balón, ante un Valdoviño deslucido e encerrado atrás polo empuxe numantino. Malia o maior dominio local, aos de Ares non lles resultou doado penetrar na área visitante ante a acumulación de homes atrás, polo que o primeiro gol non subiría ao marcador ata a media hora de xogo. Dous minutos despois chegaría o segundo. O xogo de ataque dos visitantes pasaría por aproveitar algunha contra, e algunha xogada a balón parado pero que pouco perigo levou á área aresá, a excepción dun balón que Nano estrelou na escuadra cando corría o minuto nove. A replica daríaa Rubén ao estrelar outro no pau no 44´. Cun parcial de 2 – 0 marchariamos ao descanso.

A segunda metade volvería a ser de claro dominio local e os goles non tardarían en subir ao marcador. O ritmo de xogo dos de Ares foi algo máis rápido que na primeira metade, en parte facilitado polos cambios que achegaron xuventude e vigor ao conxunto, desbordando a un Valdoviño que para entón xa acusaba o cansazo. Nesta segunda metade houbo tres novos goles pero puideron ser moitos máis se o punto de mira estivese máis afinado. Ata dous novos disparos bicarían a madeira, un de Rubén no 70´ á escuadra e outro de Juan á base do pau no 76´. Cos goles e os paus dende logo emoción non lle faltou ao partido. Nos minutos finais co encontró totalmente roto, e onde cada un fixo a guerra polo seu lado, o Valdoviño dispuxo de dúas boas ocasións para levar algún gol ao marcador, pero a solvencia de Carlos debaixo dos paus desbaratou ambas as dúas.

O próximo fin de semana toca visitar O Pote onde nos espera o Maniños, esperamos que a Marea Vermella faga gala da súa ben gañada fama de afección comprometida e acuda animar o equipo.

Vémonos en O Pote.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.