Inicio Noticias Afeccionados AFECCIONADOS. MANDIA, 3 - NUMANCIA, 0.
 
 

AFECCIONADOS. MANDIA, 3 - NUMANCIA, 0.

Numancia de Ares ADR. Afeccionados ADR. Mandiá 3 - Numancia 0. Boavista 15/04/12.TRES FALLOS DEFENSIVOS CONDENAN AOS DE ARES EN BOAVISTA.

Un Numancia, mellor en termos xerais ao longo do partido, pero falto de gol e con fallos graves na zaga perdeu case todas as súas opcións na súa pelexa pola terceira praza ante o seu rival directo, o Mandiá de Juan Carlos Arrojo.

Boavista (Mandiá), 15 de abril de 2012.

ALIÑACIONS:

MANDIA: Alfredo (Iván Rodríguez 75´), Anxo, Kenneth, Cepe, Verde, Iván González, Chris (Balillas 71´), Borja, Berto (Dani 52´), Unai e Pacuco (Fugas 69´).

NUMANCIA: Carlos, Martín, Cesar, Bule, Costa (Rubén 56´), Teti, Manu, Zeta (Jauma 67´), Jesús (Juan 78´), Javi (Jorge 89´) e Javi Enrique.

COLEXIADO: Eduardo Pereira Dobarro. Amoestou a Kenneth, Borja, Dani e Jorge (delegado) polo Mandiá e a Bule polo Numancia

GOLES:

Mandiá: Chris (min. 37 – 56) e Unai (min. 89).

  



1 – 0: (min. 37), falta de entendemento na recepción dun balón entre Bule e Carlos, o balón queda solto, Chris entrando dende atrás faise con él e marca porta baleira.

2 – 0: (min. 56) perdida de balón de Bule ante Chris en medio campo numantino, o centrocampista local encara en solitario a porta de Carlos e define con mestría superando a súa saída de vaselina.

3 – 0: (min. 89) perdida de balón de Martín en pugna con Unai quen se fai co control do esférico, encara a porta numantina por un lateral da área, cruzándoa de banda a banda, se leva a Bule, se leva a Martín e se volve levar novamente a Bule, para bater a Carlos de disparo cruzado.

Hoxe no campo de Boavista os de Ares corroboraron unha das máximas do fútbol "o que perdoa remata pagándoo”. Isto foi sinxelamente o que lles sucedeu aos aresáns esta tarde fronte o Mandiá. Os de Ares cunha primeira metade de fútbol fluído e con criterio, dominaron nos primeiros trinta e cinco minutos nos que dispuxeron de claras ocasións para adiantarse no marcador. Pero a falta de definición, o pau, e dúas grandes intervencións de Alfredo, impediron que isto sucedese. E no minuto trinta e sete, nunha das escasas chegadas do Mandiá á porta aresá, chegaría o primeiro tanto do partido despois dun grave erro defensivo. Co resultado de 1 – 0 chegaríase ao descanso.

A segunda metade comezou con bo ritmo e cos de Ares tomando a iniciativa. Pero unha nova perdida de balón no medio do campo, co que se fai Chris, leva a tranquilidade á parroquia local, cando corría o minuto cincuenta e seis de xogo. Este segundo gol foi unha mazada para os de Ares, que cando menos fixeran meritos para o empate. Aínda quedaba moito partido por diante, pero os dous goles pesaron como unha lousa. A partir deste segundo gol o partido estivo moito máis aberto para os dous equipos, dispoñendo ambos os dous de ocasións claras, destacando delas, un balón que se paseou polo longueiro da meta local, e un disparo do Mandiá á escuadra numantina. Xa nos últimos minutos de xogo e co partido roto, o Mandiá dispuxo de dúas boas contras para sentenciar, pero malogrounas. E sobre o asubío final chegaría o terceiro e definitivo para os locais, precedido dunha nova perdida de balón da zaga aresá, e que Unai, nunha bonita xogada individual na que se leva a toda a defensa resolve con oficio.

En resumo partido limpo, deportivo e intenso o xogado por ambos os dous equipos, cun resultado quizais algo excesivo para o vivido no terreo de xogo. Pero como dixemos noutras ocasións "goles son amores" e ao final estes son os que contan.

Juan Carlos Arroyo dábanos a súa opinión:

Partido moi igualado entre dous equipos que están a facer unha gran tempada e dentro desta igualdade o que fai os goles é o que gaña. O Numancia ten un bo equipo e nos custou. … Creo que este resultado podería ser o definitivo...

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.