AFECCIONADOS. NUMANCIA, 4 - ANIMAS, 1.

Numancia de Ares ADR. Afeccionados 2011-2012. Numancia 4 - Animas 1. Prados Vellos 18/03/12.MANU E JESUS DETERMINANTES NA VITORIA DO NUMANCIA.

Un hack-trick de Manu, dous dos seus goles froito de dúas asistencias de Jesús, e un golazo deste último supuxeron a remontada e a goleada dos de Ares.


Ares 18 de marzo de 2012.

ALIÑACIONS:

NUMANCIA: Carlos Arnoso, Martín, Bule, Cesar (Costa 46´), Teti, Rubén (Jesús 46´), Manu, Javi Enrique (Jorge 75´), Carlos Barcia, Javi (Jauma 82´) e Alex.

ANIMAS: Iván, Balaguer (Rubén 83´), Araoz (Dani 56´), Sergio, Oscar, Alex, Miguel, Casas, Manolo (Unai 57´), Julián (Rafa 54´) e Marcos.

COLEXIADO: Iago Veiga López. Amoestou a Cesar, Carlos, Javi, Jauma e Fran (adestrador) polo Numancia; e a Araoz e Unai polo Animas. Expulsou a Marcos do Ánimas.

GOLES:
NUMANCIA: Manu (3) (min. 59, 76, 86) e Jesús (min. 83).
ANIMAS: Marcos (min. 18).

 



Primeira metade pouco vistosa, con moito fútbol directo por parte dos dous equipos e poucas ocasións claras de gol. Sería o Ánimas o que se adiantaría no marcador no minuto 18, balón cedido atrás na zaga do Numancia, a falta de entendemento entre Rubén e Martín propicia que Marcos se faga co balón, encara a Carlos e supérao de disparo a media altura 0 - 1. Con este resultado chegariamos ao descanso.

Na segunda metade os de Ares estarían algo máis incisivos dende o inicio, aínda que arriscando moito atrás ante a velocidade do rival que dispuxo de dúas ocasións para poñer terra de por medio. Pero sería o conxunto local o que estaría máis acertado nesta faceta, e no minuto 59, centro á área de Jesús que dous defensas do Animas non acertan a despexar, Manu moi hábil cóase entre ambos os dous roubándolles a carteira, encara a Iván e báteo por abaixo empatando o partido.
Cando corría o minuto 69 de xogo, unha fortísima entrada de Marcos sobre Teti, cústalle a tarxeta vermella directa ao carrileiro do Ánimas e os visitantes quédase con dez. Esta xogada foi clave para o desenvolvemento do resto do encontro, pois o Ánimas quedábase en inferioridade numérica e sen un dos piares básicos do seu xogo ofensivo. De aquí ata o final do partido as cousas foron moito máis doadas para os de Ares posto que pasarían a dominar claramente o partido.
Os goles non tardarían en caer do lado do conxunto local, o primeiro sete minutos despois da xogada fatídica para os visitantes. Pase de Jesús ao lateral da área sobre Manu que despois de driblar a un contrario vénse cara ao centro, dispara preto do pico da área, o balón toca nun contrario, despista o porteiro e cóase polo segundo pau. Os de Ares daban a volta ao marcador, 2 - 1. Este gol animou ao conxunto local que comezou a dominar claramente o partido. Tres minutos máis tarde, despois dunha bonita xogada de combinación entre Alex e Javi con disparo final de Carlos, o balón remata no longueiro. Era o preludio do que se aveciñaba. No minuto 83, e cun Numancia envorcado en campo rival, despois dun sensacional disparo bombeado de Jesús dende os tres cuartos de campo, e ante o que nada pode facer Iván chegaría o terceiro dos de Ares. O partido estaba visto para sentenza. Pero aínda quedaba o cuarto e definitivo que chegaría das botas de Manu no minuto 86, o que supoñería o terceiro na conta particular do dianteiro aresán.

En resumo partido nada doado para os de Ares ante un Ánimas, rápido e perigoso ao contraataque, pero que se desinchou despois da expulsión de Marcos, pasando a estar a  mercé do Numancia.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.