AFECCIONADOS. MIÑO, 4 - NUMANCIA, 1.

Numancia de Ares ADR. Afeccionados 2011-2012. Miño 4 - Numancia 1. Municipal de Miño 11/03/12.BORRÓN E CONTA NOVA

Os de Ares sucumbiron ante a maior pegada dun Miño que tiña moi claro ao que saíra ao terreo de xogo.


Municipal de Miño 11 de marzo de 2012.

ALIÑACIONS:

MIÑO: Adri, Lata, Samuel, Samer, Lucho (Semi 68´), Fachal (Faus 65´), Nando, Chema, Jose (Guille 77´), Darío e Bruno (Moreira 58´).

NUMANCIA: Carlos, Costa (Cesar 46´). Martín, Bule, Teti, Rubén, Manu, Carlitos (Cagide 75´), Javi Enrique, Jesús (García 46´) e Javi.

COLEXIADO: Eduardo Pereira Dobarro. Amoestou a Samuel, Lata, Darío e Fachal polo Miño, e polo Numancia a Teti, Rubén, Jesús, Cesar e Marcelino (adestrador).

GOLES:

Miño: Carlos 37´ (propia porta), Samer (67´), Darío (77´) e Chema (93´).

Numancia: Manu (80´).

 

 

Minutos antes de comezar o partido e charlando cunha persoa ligada ao club local comentábame, "este partido para vós é importante, pero para nós é vital". Creo que esta frase resume, o ímpeto, as ganas, a pegada, o que se quere, o saber estar e para o que se está, e así entender a motivación coa que os xogadores do Miño saíron ao partido fronte ao Numancia. O Miño tíñao claro, palpábase no ambiente, na bancada, nos suplentes do banco, e como non, no propio terreo de xogo. Estas foron as claves polas que o Miño fixose merecedor de tan importantes tres puntos.

O partido non tivo moita historia, os de Ares pouco puideron facer ante a pegada do equipo local que foi claro dominador do encontro. Na primeira metade a pesar do dominio territorial do Miño, os disparos entre os tres paus foron máis ben escasos, dominaban no xogo, pero pecaron de precipitación nas definicións. Ante o empuxe do Miño, ao Numancia non lle quedou outra que xogar á contra con balóns en longo e aproveitar as xogadas a balón parado, pero apenas inquietaron a meta local. No minuto trinta e sete chegaría a xogada fatídica para os de Ares, que ata ese minuto conseguiran manter a porta a cero. Saque de corner a favor do Miño e Carlos, quizais molestado polo sol, introduce o balón en propia porta. O Miño conseguía abrir a lata, e coa vantaxe e a tranquilidade do gol todo lles resultou máis doado. Con esta vitoria local pola mínima iríamonos ao descaso.

Na segunda metade o Numancia tivo a oportunidade de devolver a intranquilidade e a tensión ao partido. Corría o minuto cincuenta cando Javi Enrique pon un balón ás costas da defensa local, Javi quédase só nun man a man con Adri, pero o gardameta do Miño aguantou ben a saída e o dianteiro aresán estrelou o balón no seu corpo. Esta xogada puido marcar un antes e un despois no partido pero non houbo fortuna. Aínda que os de Ares melloraron algo nesta segunda metade, o Miño pouco a pouco volveu tomar o timón do partido e vivimos outros trinta minutos similares aos da primeira parte.
No minuto sesenta e sete un fallo defensivo dos de Ares propicia que o Miño marque o segundo gol. Falta en curto en banda esquerda da área do Numancia, con centro que se pasea por todo a área, encontrando a Samer no segundo pau libre de marca para enviar o fondo da rede. E no minuto setenta e oito, e a como se estaban a desenvolver os acontecementos, os locais sentencian o partido nunha xogada por banda dereita de Lata, pase ás costas da defensa aresá sobre Darío que encara a Carlos, dríblao na súa saída e marca a porta baleira. Acurtarían distancias os de Ares a dez minutos do final por medio de Manu ao enviar ao fondo da rede un centro chut de Javi Enrique. E xa no tempo engadido, e en xogada similar á do terceiro gol local Chema marcaría o cuarto e definitivo.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.