AFECCIONADOS. AS PONTES "B", 0 - NUMANCIA, 1.

Numancia de Ares ADR. Afeccionados 2011-2012. As Pontes VITORIA ANTE UN ÁS PONTES “B” QUE NON DEU FACILIDADES.

Os de Ares fixeron valer o gol nun dispendio físico e defensivo inconmensurable o que lles permite manterse na pomada.


O Poboado (As Pontes) 26 de febreiro de 2012.

ALINIACIONS:

AS PONTES “B”: Nillo, Antón, Alex (Adrián 46´), Carlos, Fran, Juan (Hugo Corral 46´), Xavi, Danilo (Hugo Cascudo 46´), Borja, Nando (Fermín 73´) e Oscar.

NUMANCIA: Carlos Arnoso, Martin, Costa, Bule, Teti, Rubén, Jorge (Álvaro 70´), Manu, Carlos Barcia (Alex García 59´), Jesús (Dani Cagide 68´) e Javi Enrique.

COLEXIADO: Manuel Bejarano Estepa. Amoestou a Danilo e Alex polo Ás Pontes, e a Costa, Jesús e Carlos Barcia polo Numancia.

GOLES: Javi Enrique para o Numancia no min. 40.

 



Poucas ocasións de gol para os dous equipos na primeira metade posto que as chegadas ás metas respectivas foron máis ben escasas. As poucas ocasións de chegada claras foron resoltas sen problemas polos gardametas respectivos, ou marcharon pola liña de fondo. Non houbo un dominador claro do xogo e a posesión do balón estivo repartida, con bastante xogo aéreo pero pouco efectivo pois moitos balóns perdíanse fora dos limites do terreo de xogo. A xogada máis clara desta primeira metade, e que ao cabo, supoñería o único gol do partido chegaría no minuto 40. A xogada parte do círculo central onde Jesús pon un balón ás costas da defensa local sobre Javi Enrique. O dianteiro aresán encara a Nillo e ante a súa saída non perdoa superándoo de vaselina. O As Pontes botaría o resto nos últimos cinco minutos de encontro pero o marcador permanecería inamovible.

A segunda metade foi totalmente diferente, foi máis movida, tivo moita máis intensidade e algunhas ocasións de gol máis claras que na primeira parte. Saíron os locais con tres cambios despois do descanso, e dende o asubío inicial imprimiron un ritmo moi vivo ao partido que nos primeiros minutos sorprendeu o Numancia. A reacción visitante daríaa Manu nun rápido contraataque que organiza Javi Enrique e que o dianteiro aresán, afortunadamente para os locais, estrela no lateral da rede. Este feito retraeu un tanto aos ponteses que se envorcaran no campo rival.
O Numancia en todo o partido, pero en especial nesta segunda mitad, exerceu un bo control no centro do campo, o que obrigou aos locais a basear o seu fútbol no xogo aéreo e balóns en longo e colgados ao campo visitante. Pero o soberbio traballo defensivo do Numancia desbaratou unha e outra vez as opcións visitantes, e as ocasións nas que o balón encontraba os tres paus foron resoltas con solvencia por Carlos. O xogo do Numancia pasou por contragolpes rápidos e con moito perigo que ocasionaron grandes problemas á defensa local, dispoñendo o Numancia de boas oportunidades para matar o partido. Javi Enrique, Jesús, Manu, Dani e Rubén serían os baluartes que manterían o tipo en tarefas ofensivas. Precisamente este último xogador, Rubén, disporía dunha gran ocasión para sentenciar o encontro no min 80, cando dentro da área lle chega o balón, o baixa, o coloca, pensa e mira, pero incompresiblemente envíao por enriba do longueiro. Mala sorte.

En resumo gran traballo das catorce xabatos que hoxe conformaron o equipo numantino e que se deixaron a pel en O Poboado ante un Ás Pontes "B" rápido e moi físico. Con esta vitoria, e os resultados favorables da xornada, o equipo aresán tan só está a dous puntos da terceira praza nunha clasificación moi apertada.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.