AFECCIONADOS. MEIRAS, 5 - NUMANCIA, 2.

Numancia de Ares ADR. Afeccionados 2011-2012. Meirás 5 - Numancia 2. Misael Prieto 12/02/12.PITU E BLANCO DERON AO TRASTE COAS ILUSIÓNS ARESAS

Partido moi complicado para o conxunto aresán que se mostrou moi disciplinado na primeira metade, arriscou na segunda e rematou sucumbindo ante o maior potencial do Meirás.


Misael Prieto (Meirás) 12 de febreiro de 2012.

ALINIACIONS:

MEIRAS: Oscar, Chipi, David (Monti 70´), Borja, Víctor (Jorgito 71´), Pablo (Reboredo 57´), Javi Bogo (Turu 67´), Blanco, Santalla, Pitu (Chape 72´) e Vituco.

NUMANCIA: Carlos Arnoso, Martín, Jauma (Álvaro 59´), Bule, Teti, Rubén, Jorge (Cartelle 79´), Carlos Barcia (Borja 72´), Javi, Manu (Jesús 62´) e Brayan (Juan 69´).

COLEXIADO: Víctor M. García Villaverde. Amoestou a David e Vituco do Meirás, e a Jauma, Bule, Carlos Barcia e Javi do Numancia.

GOLES:
1 – 0: Blanco (min. 42).
2 – 0: Blanco (min. 48).
3 – 0: Pitu (min. 55) de penalti.
4 – 0: Pitu (min. 61).
5 – 0: Pitu (min. 68).
5 – 1: Rubén (min. 75).
5 – 2: Javi (min. 83).

 



Primeira metade moi igualada e repartida para os dous equipos en canto a xogo. Puidemos ver a dous conxuntos disciplinados en defensa e que se deron poucas opcións en ataque. Nesta primeira parte tan só se víron tres xogadas de perigo que puideron decantar o marcador para unha ou outra banda. Dúas delas serían para o conxunto local nos minutos 19 e 25 que non aproveitaron. A terceira sería para o Numancia no minuto 37 na que Teti non define nun man a man con Oscar. A punto de irnos ao descanso, minuto 42, o Meirás rompe a baralla cun balón en profundidade que se coa entre a defensa numantina, recolle Blanco encara a Carlos e supérao por abaixo. Este gol foi psicolóxico e marcou un antes e un despois no partido. Con vantaxe pola mínima en favor do Meirás marcharíamos ao descanso.

Na reanudación os de Ares arriscaron, non quedaba outra, había que ir a polo partido e adiantaron as súas liñas. Este feito foi matador para o Numancia pois se viu continuamente superado pola rapidez dos dianteiros locais e os goles foron caendo un tras outro. O segundo gol local viría precedido dunha falta dende o lateral esquerdo que saca Blanco ninguén toca o balón e éste cóase limpamente polo segundo pau. Este gol foi a puntilla definitiva, os de Ares perderon a concentración e fóronse do partido, comezaron os erros e un Meirás en alza matou o choque con oficio e solvencia nos vinte minutos seguintes. Nos minutos 51 e 55, dúas xogadas similares, ambas as dúas protagonizadas por Blanco ao que lle chega o balón e encara en solitario a meta aresá. Na primeira perdoa estrelando o seu disparo na base do pau, e na segunda é derrubado, Villanueva sinala a pena máxima e transforma Pitu, 3 - 0. Seis minutos despois, contraataque rapidísimo de Blanco pola dereita con centro o punto de penalti por onde aparece Pitu e remacha ao fondo da rede, 4 - 0. O quinto chegaría no minuto 68, balón que rouba Pitu dos pés de Bule que se entretén coa pelota, queda franco ante Carlos e bateo de disparo cruzado.

Co partido visto para sentenza e no último cuarto chegarían os dous goles numantinos que lavarían a imaxe de un equipo novo, pero que deu o que tiña e baleirouse para conter a un Meirás con moito potencial e veteranía. O primeiro dos goles do Numancia chegaría no minuto 75, despois dunha falta lateral que colga Javi ao segundo pau onde Rubén entrando dende atrás envía o fondo da rede. E o segundo no 83, balón pelexado por Javi entre dous defensas do Meirás logra facerse co balón e supera por alto a saída de Óscar.

Non queda máis que renderse ante a evidencia, hoxe o Meirás foi mellor e tivo máis oficio, polo que é un xusto merecedor da vitoria. O Numancia, deu o que tiña cun equipo minguado pola baixas e estivo no partido mentres as forzas e a concentración aguantaron.

Quixera por ultimo facer mención no día de hoxe a axuda inconmensurable e o compromiso dos xuvenís Carlos, Manu, Álvaro, Cartelle, Borja, Brayan e o cadete Juan, así como Iván e Cagide, que ao longo da tempada, e ahora nestes momentos difíciles no que as baixas e compromisos laborais decimaron o equipo, arriman o ombro para sacar a tempada adiante. Grazas rapaces porque sodes un gran exemplo para a base do club.

Ao final do partido pedimos a Nesy (adestrador do Meirás) que nos dese a súa valoración:
"Partido moi igualado sobre todo na primeira parte. O Numancia sabíamos que era un equipo que físicamente é do mellor da liga. Defensivamente sempre esta ben posicionado e custounos bastante, sobre todo na primeira metade superar a súa muralla defensiva. Na primeira parte tivemos bastante o balón pero as ocasións non chegaban. O Numancia defensivamente estivo moi ben, pero sabíamos que cando rompésemos a lata as cousas nos serían un pouco máis doadas. Tivemos sorte e xusto antes do descanso marcamos o primeiro gol, o que nos deu confianza, porque sabíamos que o Numancia co partido igualado é un equipo moi perigoso e en calquera contra ou a balón parado podíannos facer moito dano. Pero bueno, o partido cambio co primeiro gol e fómonos máis tranquilos ao descanso que se nos fosemos co empate. Este gol deunos moita máis tranquilidade. Sabíamos que o Numancia na segunda parte tería que asumir algún risco. Falámolo no vestiario e así foi, adiantou as liñas e nós coa xente rápida que temos arriba á contra matamos o partido, de feito os tres, catro goles seguintes creo que foron á contra. A partir do 5 - 0 viuse outro partido, o equipo baixou moito a intensidade e entre iso e os méritos do Numancia que loitou ata o final, pois bueno marcaron dous goles e maquillou o resultado. Independentemente do resultado final creo que a vitoria foi xusta. Son tres puntos importantes e agora toca seguir, haber se os de arriba se deixan puntos e os de abaixo imos puntuando e mantemos o segundo posto polo menos"

Dende aquí quero agradecer a Nesy a súa inestimable colaboración, antes e despois do partido, facilitándonos os datos e prestándonos a súa atención para a elaboración desta crónica. Sorte a Nesy e ao Meirás.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.