AFECCIONADOS. G. MUGARDOS "B", 2 - NUMANCIA, 3.

ADR Numancia de Ares. Afeccionados 2011-2012. G. Mugardos BALON VAI, BALON VÉN, FUTBOL DIRECTO TOTAL.

O titular resume en poucas palabras o derbi que se puido ver en A Pedreira, correspondente á décimo novena xornada de liga na segunda autonómica, entre o G. de Mugardos "B" e Numancia de Ares.


A Pedreira 22 de xaneiro de 2012.

ALINIACIONS:

G. MUGARDOS “B”: Borja, Cuco (Bruno 85´), Chusin, Iván, Dudi, Alberto (Fabio 73´), Romero, Esteban, Oliveira (Javi 52´), Josiño e Leo.

NUMANCIA: Carlos Arnoso, Costa (Jauma 70´), Bule, Martín, Teti, García, Manu (Borja 89´), Javi Enrique (Cesar 85´), Jesús (Iván 46´), Rubén e Carlos Barcia (Brayan 60´).

COLEXIADO: Fernando Formoso Sánchez. Amoestou a Josiño e Javi polo Mugardos, e a Bule, Martín, Javi Enrique e Fran (adestrador) polo Numancia.

GOLES:

1 – 0: Josiño (min.14).
1 – 1: Carlos (min. 35).
1 – 2: Rubén (min. 48).
2 – 2: Josiño (min. 81) penalti.
2 – 3: Brayan (min. 84).

Moito público dun e outro equipo no campo de A Pedreira, que pouco futbol, por non dicir ningún, puido ver. Unha magoa que o partido non se puidese disputar no campo de herba natural, onde a bo seguro poderíase ter disfrutado dun bo espectáculo futbolístico no derbi mugardes-aresano. O partido foi o típico encontro que se dá nun campo de reducidas dimensións, e máis se cabe nestas categorías, onde os espazos son mínimos e apenas se poden dar dous pases seguidos. Nestas condicións aos equipos non lles queda outra que optar polo futbol directo e que gañe o que máis acerto teña. Isto foi o que sucedeu no partido entre G. Mugardos "B" e Numancia de Ares.

Houbo tensión, emoción e nervios, como non podía ser doutro xeito no clásico, e moitas ocasións de gol para un e outro equipo. E non quedou outra que esperar ata o final para coñecer o desenlace, xa se sabe que nestes campos as ocasións son continuas e en calquera delas chega o gol. Finalmente os de Ares estarían máis acertados de cara a porta e levaríanse os tres puntos de A Pedreira.

Comezaría poñéndose por diante no marcador o Mugardos por medio de Josiño ao lanzamento dunha falta directa, o gardameta aresán Carlos toca o balón, pero non o suficiente para evitar que entre na porta aresana, 0 - 1, minuto catorce. Os de Ares empatarían no trinta e cinco de rápida xogada por banda de Carlos que se vai do seu marcador e de disparo cruzado bate a Borja, 1 - 1. Con empate a un gol marcharíamos ao descanso.

A segunda metade sería moito máis movida e habería moitas máis ocasións de gol. Serían os de Ares os que se adiantarían no minuto corenta e oito, falta lateral que colga Javi Enrique ao segundo pau e Rubén envía de cabeza ao fondo das mallas, 1 - 2. Josiño empataría de penalti para o Mugardos no oitenta, 2 - 2. E Brayan nunha rápida galopada na que se vai do seu marcador, aproveita a indecisión na saída do porteiro local, rouballe a carteira e marca a porta baleira para os de Ares no minuto oitenta e catro, 2 – 3.

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.