AFECCIONADOS. NUMANCIA, 5 - AS PONTES "B", 0.

ADR Numancia de Ares. Afeccionados 2011-2012. Numancia 5 - As Pontes O NUMANCIA LIDER DA 2ª AUTONOMICA.

Os cinco goles que os aresáns lle endosaron ao As Pontes “B” colocaos primeros da táboa, empatados a puntos co Ánimas.

 

Prados Vellos 16 de outubro de 2011.

ALIÑACIONS:
NUMANCIA: Iván, Costa (Martín 68´), Bule, Pedro Machado (Carlos 65´), Cesar, Alex García, Teti (Javi 60´), Manu, Rubén (Sylla 60´), Javi Enrique (Brayan 68´) e Zeta.

AS PONTES “B”: Juan (Alejandro 59´), Hugo (Borja 59´), Alex (Javi 39´), Junior, Fran, Mourin, Adrián, Danilo (Diego 39´), Oscar, Fernando e  Antón (Guille 39´).

COLEXIADO: D. Juan Carlos Fernández Martinez (Delegación de Ferrol). Amonestou a Borja, Hugo, Fernando, Fran e Danilo polo As Pontes “B”. Polo  Numancia a Sylla, Carlos e Javi. Expulsou a Mourin (vermella directa) e a Adrián (dobre amarela) ambos do As Pontes “B”.

GOLES:
Numancia: Pedro Machado, Manu, Rubén e Javi (2).

(1 - 0) min. 16: forte disparo de Pedro Machado desde o pico da área ao segundo pau que sorprende ao porteiro rival.

(2 - 0) min. 25: libre directo que colga Bule ao corazón da área, Manu toca de tacón para enviar ao fondo das mallas.

(3 - 0) min. 27: Rubén de penalti.

(4 - 0) min. 68: centro templado de Manu desde a liña de fondo que Javi baixa co peito e de media chilena envía ao fondo da rede. Magnífico gol de Javi.

(5 - 0) min. 76: centro que recibe Javi no lateral da área encara ao gardameta e ante a saída deste pícalla e supérao por alto.

 



Partido con pouca historia que apenas durou 15 ou 20 minutos. Foron os que o As Pontes “B” aguantou o envite do equipo aresán. Os visitantes comezaron ben, exercendo presión, aínda que sen crear perigo. Presión coa que o equipo numantino non se sentía cómodo, pero da que se foi desembaranzando pouco a pouco. A partir do primeiro gol de Pedro Machado no minuto 16, os ponteses foron indo a menos. Dez minutos despois Manu marca o que sería o segundo tanto aresán, deixando ao As Pontes tocado de morte. E dous minutos máis tarde chegaría a xogada crave do encontro. Corría o minuto 27, córner que bota o Numancia, Rubén remata de cabeza e Mourin saca coa man un balón que ía ao fondo das mallas. Ocasión manifesta de gol que o colexiado castiga coa pena máxima, e ademais cústalle a expulsión ao xogador do As Pontes. Rubén transforma o penalti que supuña o 3 - 0 para os de Ares. O As Pontes queda con dez e vaise definitivamente do partido quedaron a mercé dos numantinos.

Desde aquí ata o final do partido comeza un repertorio de cartóns, quizais algún algo precipitado. En total 10 cartolinas amarelas e unha vermella en todo o partido. A maioría por protestar as decisións arbitrais. Pois no que respecta ao xogo foi limpo e correcto en todo momento.

A segunda metade pouco ten que contar. Co equipo visitante totalmente fora do partido, os de Ares apropiáronse do balón e xogaron a pracer. Aínda por riba de males, no minuto 63, o As Pontes queda con dez por expulsión de Adrián, ao ver a segunda cartolina amarela. Sen capacidade de reacción, o equipo pontes centrouse en defender a portería para non encaixar unha goleada. E o Numancia a controlar o xogo e aproveitar as ocasións de gol das que dispuxo. Ocasións que foron materializadas por Javi con dous bonitos goles para rematar unha tarde goleadora con marcador final de 5 - 0.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.