AFECCIONADOS. FOLGA

 ESTA FIN DE SEMANA NON HAI FÚTBOL

Reunidos os clubs de Ferrol de 2ª e 3ª autonòmica, decidiron parar a competiciòn este vindeiro domingo, 9 de outubro, en protesta pola aplicaciòn da tarifa arbitral unificada.

Ares, 5 de outubro de 2011

A decisión presidencialista do sr. Liñares, ignorando aos membros da súa xunta directiva, obviando a asemblea xeral do mes de xullo, e enviando unha semana antes do comezo da competición unha circular na que aplicaba a tarifa arbitral unificada para o ámbito galego, choca frontalmente cos intereses dos clubs de Ferrol pertencentes á segunda e terceira autonómica. Desde Ferrol elaborouse un estudo económico dos gastos arbitrais correspondentes ás nosas competicións e o resultado final, a tarifa arbitral unificada para os nosos clubs, daba uns 75€ por partido en 2ª autonómica, fronte aos 90 € que nos quere impoñer a Federación Galega. Por tanto, os clubs de Ferrol si estamos a favor da tarifa arbitral unificada pero só si esta se aplica por delegacións. Queremos ser xustos cos equipos que participan na mesma competición, entendemos que todos os que participamos na mesma competición debemos pagar a mesma tarifa. O que non comprendemos é que teñamos que ser "solidarios" cos clubs doutras delegacións, para ser máis claros: non nos parece que sexamos insolidarios con clubs que participan en diferentes competicións, e máis, non se nos pode acusar de insolidarios con equipos que parece ser que ata están exentos de pagar as arbitraxes, porque teñen institucións que asumen ese gasto.

As medidas propostas pola Federación de eliminar os tríos arbitrais (en 3ª autonómica, xa non se enviaban) e de fraccionar o pago en dúas anualidades parécenos insuficientes. A medida de parar a competición esta fin de semana persegue unha rectificación do sr. presidente da Federacíón galega. Sr. Liñares, sabe que se equivocou nas formas de levar este tema e debe rectificar.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.