AFECCIONADOS. NUMANCIA, 1 - MEIRAS, 0.

ADR Numancia de Ares. Afeccionados 2011-2012. Numancia 1 - Meiras 0. Prados Vellos 02/10/11.OS DE ARES CORTAN AS ÁS AO LIDER.
O conxunto aresán nun partido nada fácil e moi disputado ante o Meirás faise con tres importantes puntos que os empolica á terceira posición da táboa. A vitoria ante o líder confirma o bo momento do conxunto de Fran e Marcelino.

Prados Vellos 2 de outubro de 2011.

ALIÑACIONS:
NUMANCIA: Iván, Costa, Bule, Pedro Machado, César (Jauma 80´), Alex, Teti (Sylla 60´), Manu (Carlos 79´), Rubén, Javi Enrique (Javi 75´) e Jorge (Zeta 28´).

MEIRAS: Oscar, Chipi, Chape (Jorge 70´), Víctor, Pablo (Iván Castro 65´), Marcos (Beceiro 27´), Javi Bogo, Santalla, Borjita (Capi 29´), Pachi e Reboredo.

COLEXIADO: D. José Luís Corral Franco (Delegación de Ferrol). Amonestou a Bule, Pedro Manchado e Zeta polo Numancia. Polo Meirás a Beceiro. Expulsou a Pachi do Meirás.

GOLES:
Numancia: Rubén (min. 39).


Tarde de calor asfixiante, no veranito de San Miguel, que non restou que houbese unha gran afluencia de público en Prados Vellos. A afección preferiu o fútbol á praia e foron moito os que se deron cita para gozar dun apaixonante encontro de fútbol entre o Meirás, líder da categoría, e o Numancia, equipo revelación a tenor dos resultados obtidos no que vai de campionato.

Antes de dar comezo ao encontro fíxose entrega do primeiro trofeo Murillo Viteri da tempada. Nesta ocasión o central numantino Bule foi o agraciado. Fixo entrega do agasallo Manel Pérez, representante da adega para a zona de ferroltera, que estivo acompañado por dous afeccionados noruegueses do Numancia. Dar as grazas á adega Murillo pola súa colaboración coa entidade numantina, e os nosos parabéns a Bule polo merecido premio.

Unha vez iniciado o partido realizouse un parón simbólico de cinco minutos en protesta polos altos portes da tarifa arbitral unificada imposta pola Federación Galega de Fútbol.

Partido complicado e difícil para os dous equipos. Ademais de tres importantes puntos en xogo, os dous equipos xogábanse moito. O Meirás, a súa imbatibilidade, os de Ares o seu bo momento. Finalmente o equipo aresán levouse o gato ao auga e unha semana máis confirma o seu bo momento.

Primeira metade con tempo de dominio repartido para os dous equipos. Comezaría o Meirás tomando as rendas do encontro, pero os de Ares con xogadas ao contraataque metéronlle o medo no corpo aos visitantes. Mediada a primeira parte e a consecuencia do ímpeto do partido ao Meiras lesiónanselle dous xogadores, e ao equipo local un. Co equipo visitante algo desorientado, polo desequilibrio dos cambios, os de Ares pasaron á acción e tiveron ao Meirás contra as cordas durante moitos minutos. Froito dese dominio chegaría no minuto 39 o gol local. Rubén faise cun balón entre dous defensas e de disparo cruzado bate a Oscar. Nos últimos cinco minutos o Meiras buscaría o empate pero finalmente iriámonos ao descanso cos de Ares por diante no marcador.

Na segunda metade sería o Meirás o que tomaría de novo a iniciativa índose descaradamente arriba, e aos tres minutos de xogo a punto estivo de custarlle caro. Un balón ás costas da defensa chega a Zeta, quen ante a saída do gardameta, pícalla por arriba, e o balón márchase lamendo a base do pau. Este aviso tranquilizou os ánimos durante algúns minutos. Aos dez minutos de xogo o Meirás queda con dez por expulsión de Pachi. Pero lonxe de amedrentarse e vir abaixo, a pesar da inferioridade numérica, o Meiras buscaría con insistencia o ansiado empate. Houbo ocasións claras e o marcador puido haberse inclinado para un ou outro bando. Nos últimos quince minutos do encontro, o empuxe do Meiras polo ansiado gol do empate, encerrou aos numantinos no seu campo, libres directos e balóns colgados ao área serían as armas esgrimidas polos visitantes para igualar a contenda. Finamente o gol de Rubén sería definitivo para que os tres puntos quedasen en Prados Vellos.

Unha vez finalizado o partido pulsamos a opinión dos adestradores:

Nesy (Meirás):
Antes de darnos a súa opinión Nesy manifestábanos: “Felicítovos polo voso traballo. Son un asiduo seguidor da vosa páxina. Os meus parabéns polo gran labor que facedes para manter unha das mellores páxinas da comarca. Son consciente do tempo de dedicación á mesma. Sen dúbida un traballo encomiable”
Desde o Numancia damos as grazas a Nesy polas súas palabras de eloxio, alento e gratitude, que sen dúbida sempre animan a continuar con este pequeno labor de información. Agradecer tamén a súa amabilidade, antes, durante e despois do partido para atendernos.

Creo que foi un partido moi disputado. Vironse dous dos equipos que deberían estar arriba loitando polo ascenso. Non me sorprendeu o Numancia, sabía que era un equipo que traballaba moito defensivamente, que lle metía moita intensidade ao xogo. E no campo quedou demostrado. É un equipo moi traballador. Se está motivado e traballa sempre así a moitos equipos vailles costar caro sacar algo positivo, sobre todo no seu campo. A nós pesounos un pouco o tema das lesións. Perder dous xogadores para nós fundamentais como Borjita, que leva cinco goles en catro partidos, e Marcos, o noso medio centro defensivo, acusámolo bastante e tivemos que cambiar un pouco o guión que tiñamos plantexado. Intentamos facer o noso xogo, pero cando o rival poncho complicado, costa moito.
O partido estivo moi igualado. O gol, penso que é un descoido defensivo. Quizais o porteiro puido haber feito algo máis. A partir de ir por detrás no marcador intentamos empatar, máis con corazón que cabeza. Esta claro que tiñamos moita présa por empatar. Logo na segunda metade a xogada crave foi a expulsión de Pachi. Eu a xogada non a vexo. Falo co árbitro e dime que é unha agresión, polo que eu non teño que dubidar da súa palabra. Quedaste con dez e xa todo é máis complicado. Pero bueno, chegar ao minuto noventa xogando con dez, e ter ao Numancia encerrado os dez - quince últimos minutos na súa área, quere dicir que polo menos o equipo intentou gañar. Pero hoxe non tocaba gañar. Non queda máis que felicitar ao Numancia porque traballou moi ben por esta vitoria. É un equipo que se segue así, con esas ganas e ese traballo seguro vai estar entre os primeiros.

Fran (Numancia).
Hoxe puidemos ver dous grandes equipos no terreo de xogo. Se o Meiras é líder, é polo gran traballo que están realizando. Ten uns grandes xogadores, moi experimentados saben estar no campo, saben o que quere e o que teñen que facer. Por meritos propios están onde lles corresponde.
Nós estamos recollendo semana a semana un premio ao esforzo e ao traballo xa realizado en pretemporada e que tratamos de mellorar pola semana. Tanto Marcelino como eu estamos moi contentos coa plantilla, pola súa actitude e compromiso. Xornada tras xornada dano todo. Se seguimos nesta dinámica de traballo creo que podemos facer un gran papel nesta tempada. Non me queda máis que felicitar a todo o equipo polo seu esforzo e bo facer diario. Felicitar tamén ao Meiras polo seu traballo e o seu gran nivel e desexarlles sorte na tempada.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.