AFECCIONADOS. NARON "B" 0 - NUMANCIA 1.

ADR Numancia de Ares. Afeccionados 2011-2012. Narón CONTINUA O BO MOMENTO.

Os de Ares fixeronse con tres importantes puntos fronte o Narón “B” nun partido no que estiveron por riba dos locais.

O Cadaval (Narón), 25 de setembro de 2011.

ALIÑACIONS:
NARON “B”: Quique, Suco (Dani 56´), Leira, Víctor (Miguel 62´), Vázquez, Michel, Oscar Gómez (Alex 53´), Fran,  Ícaro, Oscar Rodríguez (Popi 82´) e Coki.

NUMANCIA: Iván, Costa, Bule, Pedro Machado (Borja 86´), Cesar, Alex, Teti, Manu (Carlos 40´), Rubén (Sylla 72´), Javi Enrique (Amenedo 90´) e Jorge (Brayan 55´).

COLEXIADO: D. Roberto Cinza Leira, asistido nas bandas por D. Telmo Pérez Vázquez e D. Daniel Calderón Pérez (Delegación de Ferrol). Amonestou a Alex e Popi polo Narón. E polo Numancia a Iván, Alex, Carlos, Borja e Fran (adestrador). Expulsou por dobre amoestación a Leira e Fran do Narón.

GOLES.
Numancia: Jorge (min. 2).

 



Tarde de moita calor en Narón que fixo suar a camiseta tanto xogadores como afeccionados. Entre o respectable, o que máis e o que menos, buscaba a pouca sobra no campo de O Cadaval para resgardarse do sol. Nesta calorosa tarde presentabanse os de Ares en Narón con algunhas baixas no equipo, cuestións familiares e de viaxe, motivaron que Fran e Marcelino, tivesen que tirar da canteira convocando para este partido aos xuvenís Borja, Brayan e Amenedo.

Primeira metade que non puido comezar mellor para os de Ares pois aos dous minutos de xogo marcarían o que ao cabo sería o gol da vitoria. Un balón levado e pelexado por Javi Enrique ata a bandeirola de córner, e que consegue centrar ao primeiro pau, é rematado en carreira por Jorge o fondo das mallas. Durante a seguinte media hora de xogo os naroneses estiveron a mercéde do Numancia que tivo claras ocasións para matar o encontro, pero a falta de acerto e as intervencións de Quique impediron a consecución de máis goles. Soamente no último cuarto os narones conseguirían desembarazarse un pouco da presión e do xogo aresán e chegar nalgunha ocasión á meta numantina.

A segunda metade foi máis equilibrada en canto a xogo e ocasións. Os naroneses saíron a polo empate e os de Ares á contra a matar o partido. Foi unha carreira contra-reloxo por conseguir os tres puntos. Unha segunda metade na que a medida que pasaron os minutos, e se achegaba o final da contenda, comezaron a aflorar a tensión e os nervios, deslucíndose o encontro nos últimos momentos do partido en canto a fútbol se refíre. A pesar de dispor ambos os dous equipos de boas e claras ocasións de gol o marcador permanecería inamovible. O gol dos aresáns nos minutos iniciais do encontro deulles con xustiza os tres puntos.

Ao final do partido Marcelino míster do Numancia dábanos a súa opinión...

Primeira media hora de dominio do Numancia, na que aos dous minutos metemos o gol, e na que tivemos algunha que outra ocasión para rematar. A partir da media hora o Narón tivo dúas aproximacións á nosa portaría, unha delas con gol en fóra de xogo, e outra un disparo por enriba do longueiro. A partir de aí o Narón tomou algo máis control do balón, e o xogo estivo repartido para os dous equipos ata o final da primeira metade.
Na segunda metade o Narón botouse arriba para lograr o empate pero nós estivemos ben asentados defensivamente tanto nesta segunda metade, coma en todo o partido. Pelexamos moito, tanto en medio campo, como diante, e ao final logramos unha máis que xusta e merecida vitoria.
Polo tanto ímonos moi contentos de Narón, tanto pola consecución dos tres puntos, coma polo rendemento do equipo. Quero felicitar os xogadores xuvenís que viñeron convocados para este partido e que nos botaron unha man inestimable.
A próxima semana temos un partido moi complicado. Visítanos o líder, o Meirás. Sen dúbida un bo partido. Loitaremos pola vitoria, haber se podemos dar unha nova alegría á afección.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.