AFECCIONADOS. GALICIA DE CARANZA, 1 - NUMANCIA, 1.

ADR Numancia de Ares. Afeccionados 2011-2012. G. Caranza 1 - Numancia 1. Caranza 04/09/11.HOUBO QUE SUFRIR ATA O FINAL

Un Numancia moi serio e ordenado en defensa, pero con falta de pegada, levouse un sufrido e traballado punto ante o Caranza.


Caranza 4 de setembro de 2011.

ALINIACIONS:
G. CARANZA: Alejandro, Quique, Quillo, Roberto, Quique Santalla (Adrián 85´), Manu (Israel 65´), Aitor, Peli, Penano (Alex 67´), Torres (Fran 75´) e Juanillo (Oskitar 63´).

NUMANCIA: Iván, Costa, Pedro Machado, Bule, Alex García, Zeta, Carlos, Sylla, Rubén (Javi 46´), Manu e Javi Enrique.

COLEXIADO: D. Alejandro Miño Pico (Delegación de Ferrol). Amonestou a Manu e Peli polo G. de Caranza, e a Alex García, Sylla, Javi Enrique e Javi polo Numancia. Expulsou a Truji (adestrador) do Caranza.

GOLES:
G. Caranza: Penano (45´)
Numancia: Javi Enrique (16´)

Partido disputado e con moito ritmo dende o asubío inicial con tenteo e forte presión en mediocampo ás saídas dende atrás de ámbolos dous equipos. Nunha desas saídas chegaría o gol do Numancia despois dun roubo de balón que chega a Javi Enrique quen de forte disparo dende fóra da área a coa por toda a escuadra. A partir do gol aresán, o Caranza veuse arriba e levou o peso do partido. Os de Ares cunha defensa moi ben plantada e ordenada foron un muro que soamente se vía superado con ocasións a balón parado. Os de Ares crearon algún perigo ao contraataque pero faltou definición. Mediada a primeira metade chegaría un gol local de libre indirecto que o colexiado anularía ao entrar na meta aresá sen que ninguén tocase o balón. Non sucedería o mesmo no minuto 45 cando Penano remata de cabeza unha falta botada por Torres e que suporía o empate. Sen tempo para máis marcharíamos aos vestiarios con empate a un tanto.

A segunda metade foi un calco da primeira, cun Caranza que saíu a polo partido dende o inicio. Os de Ares defendíanse ben e xogando ao contraataque crearon algunha contada ocasión, pero con pouca definición de cara a porta. Pasaban os minutos e o cansazo comezou a aflorar, polo que chegaron os cambios no equipo local que lle deron aire fresco ao equipo. Pola contra os de Ares mantiveron o mesmo conxunto de saida co único cambio de Javi por Rubén no descanso. Isto pásolles factura e nos últimos minutos do partido pasárono mal. Destacar nesta segunda metade un disparo ao longueiro do Caranza, e co partido prácticamente finalizado, un remate dos aresás que a defensa local saca na mesma liña de gol.

En resumo bo partido dos de Ares, especialmente en defensa, ante un rival complicado, un campo grande e unha temperatura alta.

Marcelino, adestrador do Numancia:

En liñas xerais voume contento, porque se loitou. Estivemos firmes en defensa e creamos as nosas ocasións ainda que nos faltou definición. Logramos un punto nun campo difícil polo que non está mal para comezar o campionato. É un punto fóra de casa e isto sempre é positivo. Aínda hai algúns xogadores que non están ao cento por cento, isto non fixo máis que comezar e hai que ir pouco a pouco collendo confianza.
¿Un só cambio?
Tiña moitos defensas no banco e os que estaban no campo aguantaban ben. A tempada ainda acaba de comezar e é moi longa polo que haberá minutos para todos.

Si queres ver a crónica e un video publicado na web do Galicia de Caranza PICA AQUÍ.

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.