AFECCIONADOS. TROFEO PICAS. NUMANCIA, 3 - G. MUGARDOS B, 0

 JUANCHO, CAPITÁN DO MUGARDOS B: “ESTES PARTIDOS XA PARECEN UN BARÇA – MADRID”

Outra vitoria aresá nos seus enfrontamentos co Mugardos. Lean as opinións dos capitáns e adestradores.
Ares, 19 de agosto de 2011
Unha nova edición deste torneo que non defradou ao público asistente. Aproveitamos este espazo para agradecer a “Picas” a súa xenerosidade organizando este “clásico” de pretemporada.
 
ALINEACIÓNS:
NUMANCIA: Iván, Costa (Teti), Bule, Pedro, Carlos, García (Jauma), Sylla (Javi Rubio), Zeta, Manu (Borja), Rubén (Jorge) e Javi Enrique.
G. MUGARDOS "B": Borja, Cuco, Juancho (Julián), Esteban (Berto), Chosín, Jorge (Dudi), Julen, Pincho, Pita (Fernando), Bruno (Josiño) e Javi (Romero).
 
GOLES:
Javi Enrique (2) e Rubén.
 
COMENTARIO
Tras unha primeira parte na que o Numancia sentenciou o partido cos tres goles, un deles ao finalizar unha combinación espectacular, e na que o partido estivo controlado por un Numancia moi serio, ben posicionado no campo e cunha excelente actitude dos seus xogadores, comezou a segunda parte co G. Mugardos "B" máis arriba, creando máis perigo mais sen conseguir materializar as súas ocasións. Nos últimos minutos, algúns encontronazos innecesarios (entre estes dous equipos parece que nunca hai partidos amigables) afearon o partido.
 
 
OPINIÓNS DOS PROTAGONISTAS
Marcelino, adestrador do Numan:
- Como foi o partido?Marcelino Adestrador do Numancia.
- Na primeira parte o Numancia levou o peso do partido e creou ocasións marcando os tres goles. Os xogadores xa se van afacendo ás ideas que queremos nós, aplicando o esquema táctico proposto. Coma sempre, grazas ás gañas dos cativos, sacamos o partido. Na segunda parte, antes da expulsión aínda tíñamos certo control do partido, aínda que o Galicia xa creou máis perigo. Coa expulsión, armamos o equipo doutra forma, esperando o contraataque. No cómputo xeral do partido, o Numan mereceu gañar holgadamente.
- Como ves aos xogadores?
- Estamos moi contentos coa actitude dos chabales que teñen menos minutos, que demostraron que poden ter un sitio no equipo. Seguro que co compromiso de todos faremos unha boa temporada.
- Xa temos un once titular?
- Si, máis ou menos imos perfilando o once.
- Que carencias ten o equipo?
- Nestes momentos, estariamos satisfeitos se puidesemos contar  cun dianteiro goleador e cun segundo porteiro que crease competitividade. Ademais, a intención é ir incorporando rapaces de xuvenís, traballar a canteira e darlle oportunidades ás promesas.
- Para finalizar, Marcelino, como viches ao Mugardos B?
- É un equipo de chabales xoves que tamén están buscando un once e que se teñen entrega non terán problemas para manter a categoría.
 
 
 
 
BULE, CAPITÁN DO NUMAN
- Cal é a túa valoración do partido?
- Pódese dicir que foi un partido raro, porque nos resultou demasiado fácil, polo menos na primeira parte na que o Mugardos estaba perdido no campo. Despois na segunda parte, cos cambios, puxeron xente rápida arriba e costou máis sacar o balón desde atrás.Bule Capitan do Numancia.
- Analiza a túa actuación persoal
- Hoxe non estiven moi ben, encontreime mellor a semana pasada, pero estou cómodo, gústame xogar na posición de central. Ademais, fisicamente xa me encontro a tono.
- Estes partidos de rivalidade, sempre motivan, non si?
- Si, a ver, sempre che gusta gañar pero sendo amistoso non debería haber os enfados que se ven . 
- Este partido pódese considerar coma unha revancha do partido de Maniños, no que perdeste por goleada?
- Non, porque en Maniños era o noso primeiro partido, estabamos bastante desordenados. Se fose un partido de liga si tería importancia, pero así non.
- Levades a metade da pretemporada. Como ves o equipo de cara á liga?
- Véxoo algo mellor do que esperaba, tendo enconta as baixas da temporada pasada. Estamos ben e movendo o balón con criterio.
- E que me dis do esquema táctico que estades utilizando?
- Pois é distinto pero para os desfensas resulta máis cómodo, sempre que os carrileiros non queden arriba.
 
 
 
JUANCHO, CAPITÁN DO G. MUGARDOS "B".
- Cal é a túa valoración do partido?
- O partido tivo dúas partes moi diferenciadas: o Numancia foi superior na primeira parte, na que presionaron máis arriba; e nos segundos corenta e cinco minutos houbo máis igualdade, con ocasións para os dous bandos.Juancho Capitan do Mugardos B.
- Analiza a túa actuación persoal.
- Aínda teño que coller o tono físico, hai que pensar que estamos en pretemporada,.
- Estes partidos de rivalidade, sempre motivan, non si?
- Si, a verdade é que estes partidos xa parecen un Barça – Madrid, na que sempre hai tensión, pero iso si, hai que aclarar que esa tensión acaba no campo. Rematado o partido xa nos esquecemos.
- Que diferencia observaches respecto do partido de Maniños?
- A diferencia foi que nós tiñamos moitos xogadores para cambiar.
- É interesante este torneo “Picas”?
- Por suposto, independentemente de gañar ou perder, este torneo  vén sendo o partido máis motivante da pretemporada. Hai que mantelo.
- Levades a metade da pretemporada. Como ves o equipo de cara á liga?
- Ben, temos unhas sete ou oito baixas respecto da temporada pasada pero cos cinco xuvenís que soben e que van xogar con nós, temos un equipo  que fará mellor campaña cá anterior. O noso obxectivo está en clasificarnos nun posto da metade da táboa.
 
Moitas grazas a todos polo tempo prestado e pola súa amabilidade e sorte para todos.
 
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.