AFECCIONADOS. TROFEO CONCELLO DE ARES.

 MARCELINO: ”CON SACRIFICIO E COMPROMISO SACAMOS ADIANTE UN PARTIDO MOI COMPLICADO”

Nun partido bastante igualado e con poucas oportunidades de gol, o Numancia alzouse, sorprendentemente, co trofeo do concello de Ares, vencendo por 2 a 1 ao Galicia de Mugardos.
Ares, 13 de agosto de 2011.
 
ALINIACIONES:
NUMANCIA: Ivan, Bule, Antón (Jauma 53´), Vicente, Costa, Silla, Zeta, Pedro Machado (Martín 77´), Javi Enrique (Jorge 73´), Javi (Cesar 68´) e Manu (Borja 50´).

G. MUGARDOS: Agustín (Rubén 60´), David Peña, Vituco (Rouco 46´), Alberto, Xavi, Cainzos (Juani 46), Pitu (Rubén Seco 46´), Javi López, Martín, Aitor (Dani Ramos 46´) e Vicente.

COLEXIADO: D. Manuel J. Bejarano Estepa (Delegación de Ferrol)

GOLES:
(44´): centro á área que remata Pitu de cabeza ao fondo das mallas (0 – 1).
(70´): pase de Pedro Machado entre os defensas que recolle Javi Enrique encara a Rubén e báteo por baixo (1 – 1).
(75´): Borja de penalti (2 – 1).
 
Ao final do partido conversamos con Marcelino, co-adestrador xunto a Bardanca, para coñecer as súas impresións deste partido de presentación ante os siaeiros aresáns.
Marcelino, que valoración fas do partido?ADR Numancia de ares. Marcelino Martínez Fuentes. Adestrador Afeccionados 2011-2012.
En termos xerais, considero que o Numancia fixo un bo partido. Seguramente influíu que había máis motivación nos nosos xogadores, por ser dunha categoría máis baixa, e por supór a súa presentanción diante da afección. Temos un equipo que se se implica, pode sacar moitos partidos adiante. Tamén é certo que non sucedeu como en anteriores partidos, nos que fixeramos todos os cambios xuntos; nesta ocasión démoslles minutos a todos pero pensando tamén en ter opcións de gañar o partido.
Hoxe xogamos un partido que en principio estaba moi complicado, dada a categoría do Galicia, pero con sacrificio e compromiso sacámolo adiante, grazas ao esforzo dos xogadores.
Despois de varios anos sen gañar este trofeo, o Numancia proclámase campión. Que supón para o equipo e para vós esta vitoria?
Pois, para o equipo supón coller confianza. Derrotar a un adversario de superior categoría, e ademais ao noso rival, serve para coller autoestima e que se crean o que fan, que confíen no seu traballo.
O Galicia tiña moitos xogadores a proba; réstalle mérito á vitoria?
Penso que non, porque os xogadores que están a proba é porque teñen algo, e nós tamén tiñamos xuvenís e xente a proba. É certo que tiñan varias baixas pero nós tamén tiñamos ausencias de tres ou catro titulares.
E o Numancia, os xogadores están asimilando as vosas instrucións?
Si, non temos queixa ninguna. Son unha pandilla de amigos, case todos de Ares, e os que veñen a botarnos unha man intégranse coma se foran da casa.
Que nos dis dos xogadores novos: Javi Enrique, Silla, César, ..., que aportan ao equipo? 
Javi Enrique ten calidade e quere volver a gozar do fútbol. Xogou con nós e sabemos que se é serio, pode botarnos unha man;
Silla é un xogador que non coñecíamos, está a proba; despois destes quince días con nós, estamos decididos a facerlle ficha. É un rapaz que recupera balóns, que fisicamente anda ben, (aínda que está co Ramadán); fáltalle algo de toque de balón, de desprazamento en longo, quizás, e penso que pulindo eses defectos, vai ser un xogador que destacará.
E a César xa o coñeciamos e estamos seguros do seu compromiso e seriedade. Tamén aportará e contribuirá ademais de implicarse.
A pretemporada está resultando segundo o previsto?
A curto prazo está resultando como nós pensabamos: estamos vendo xogadores e facendo o equipo.
 
Certamente, esta vitoria é importante, non polo resultado senón porque axudará para seguir traballando con ilusión, para  preparar as próximas citas con máis confianza.
Ao remate do partido, o concelleiro de deportes aresán, José Juan Vilar Rico, entregou os trofeos aos capitáns dos dous equipos.
A ADR NUMANCIA quere agradecer ao Galicia de Mugardos a súa dispoñibilidade para acudir a Prados Vellos e manifesta tamén a súa gratitude ao concello de Ares pola súa colaboración.
 
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.