AFECCIONADOS: ANIMAS 3 – NUMANCIA 2

O Ánimas levouse os tres puntos nunha victoria xusta

S.D.R. Numancia de Ares. 2ª Autonómica. Ánimas - Numancia. A GándaraDomingo 22 de Febreiro de 2009.

Juan Alberto.

CATEGORÍA: 2ª AUTONÓMICA

ANIMAS 3 – NUMANCIA 2

ALINEACIÓNS

ANIMAS: 1 Vitolo, 2 Ángel, 3 Iván, 4 Pepo, 5 Alex, 6 Dani, 7 Tone, 8 Roy, 9 Rafa, 10 Luís, 11 Miguel,12 Marcos, 14 Juan, 15 Pachi, 16 Belar

NUMANCIA:      1 Kiko, 2 Costa, 3 Vicente, 4 García, 5 Teti, 6 Borja, 7 Oli, 8 Pedro, 9 Rubén, 10 Dani, 11 Jesús, 12 Eloi, 13 Cesar, 14 Redondo, 15 Fran, 16 Jose

 

S.D.R. Numancia de Ares. 2ª Autonómica. Ánimas - Numancia. A Gándara

 

S.D.R. Numancia de Ares. 2ª Autonómica. Ánimas - Numancia. A Gándara

 

GOLES

1-0   (minuto 6). Falta lateral ó borde do área que non acerta a despexar a zaga de Ares, quedando un balón morto no punto de penalti que recolle Álex para adiantar moi cedo ó Ánimas.

1-1 (minuto 7). Xogada pola banda esquerda de Rubén que se desfai de varios contrarios para dar un balón atrás a Dani que en carreira tiraen bolea dende a frontal do área para batir a Vitolo pola escadra dereita. Un golazo.

2-1 (minuto 12).Balón largo ó costado esquerdo da defensa do Numancia que Tone engancha según ven e sorprende a Kiko de forte disparo. Outro golazo.

2-2 (minuto 33).Internada pola banda esquerda de Pedro que é derrubado por dous contrarios dentro da área, penalti que transforma Borja de tiro axustado ó pau.

3-2 (minuto 56). Balón que despexa o Ánimas dende a seu campo e o recolle Luís ante o despiste dos centrais do Numancia, vaise en conducción hacia portería e bate a Kiko.

CAMBIOS

Polo Ánimas:

                15 Pachi x 4 Pepo no minuto 55

                12 Marcos x 10 Luís no minuto 75

Polo Numancia:

                15 Fran x 11 Jesús no minuto 45

                13 César x10 Dani no minuto 58

                12 Eloi x8 Pedro no minuto 75

                14 Redondo x2 Costa no minuto 82

TARXETAS

Polo Numancia:  viron o cartón amárelo Vicente e Borja e García en dúas ocasións polo que foi expulsado faltando 5 minutos para o remate do partido.

Polo Ánimas: viron cartón amárelo Ángel, Iván, Dani, Luís e Marcos.

COMENTARIOS

Primeira derrota do Numancia de Ares nesta 2ª volta ante un rival que puxo moito mais para levarse os tres puntos.

Os xogadores do Ánimas saíron con moita presión arriba incomodando moito a saída do balón dos de Ares que non foron capaces de enlazar con claridade cos seus homes de medio campo, esto provocou algún roubo de balón en zonas de construcción con moito perigo ca conseguinte perda de confianza na zaga para sacar o balón . Outra circunstancia importante que creou mais dúbidas na zaga foron varios foras de xogo claros dos dianteiros do Ánimas  que o árbitro non sinalou e fixo que a defensa se botase mais atrás habilitando moito campo e una gran separación co medio do campo. Esta posición mais retrasada da zaga do Numancia habilitou moito mais campo que foi aproveitado polo Ánimas para botar balóns largos os costados, facendo moito dano (xa que teñen moita velocidade arriba) e obrigando ó medio campo a facer un traballo moito maior. Esta separación de liñas facilitou ó Animas ter una maior posesión do balón xa que se perdeu capacidade de presión na zona de construcción. Outra faceta que fixo ben o Ánimas foi o balón parado, todos os lanzamentos tiñan moito perigo e o primeiro gol ven precisamente dunha falta lateral metida por diante da línea defensiva que nos se acerta a despexar. Os dous seguintes goles son dous auténticos golazos, sobre todo o marcado por Dani en bolea dende fora da área pola escadra dereita do porteiro do Ánimas. A principal fonte de perigo do Numancia veu da banda esquerda e os dous goles nacen precisamente por esa banda en xogadas de Rubén e de Pedro. Na segunda parte o Numancia modificou o plantexamento inicial buscando mais presencia nas bandas pero sigueu sin enlazar con claridade, sin ser capaz de mover a pelota con rapidez para buscar finalizacións por banda. O Ánimas estivo mais metido no partido e quixo mais, un reflexo do despiste co que foi o Numancia á Gándara é o terceiro gol que nace dun despexe lateralizado de 50 metros do Ánimas dende o seu campo e que sorprende ós centrais que ven como Luís entra polas suas costas para controlar en carreira o balón, lévalo en conducción e batir a Kiko. A partir do 3-2 o Ánimas durmeu o partido con constantes faltas e perdas de tempo. O Numancia arriscou mais e xogou con extremos, esto permitiu apretar a saída de balón do Ánimas e dificultar esos pelotazos ós costados que tanto dano estaba facendo. Esa presencia maís arriba e habilitando mais campo en amplitude fixo que o Numancia tivese mais presencia no área rival, tivo una clara ocasión Ruben faltando 8 minutos que acertou a parar Vitolo, logo chegou a expulsión de García por segundo cartón amárelo nun error de apreciación do árbitro que pensou que García lle dira ó balón ca má.  Ó final todo quedou igual e o Ánimas levouse os tres puntos nunha victoria xusta.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.