AFECCIONADOS. SORTEO COPA "DELEGACIÓN DE FERROL"
O xoves, 14 de abril, ás 19:00, tivo lugar na Delegación de Fútbol de Ferrol o sorteo do campionato da Copa “DELEGACIÓN DE FERROL” na categoría de afeccionados.
O campionato dará comezo o dia 1 de maio e finalizará o 18 de xuño.
Os equipos da 3ª Autonómica xogarán unha fase previa a dobre volta os días 1 e 8 de maio. Nesta fase previa os equipos quedaron encadrados como se expón a continuación:
Previa 1: Cebarca – Libunca
Previa 2: Bertón – Monfero
Previa 3: Estrella – X. Cabanas
Previa 4: Miño – Canido
Previa 5: Narahío – San Mateo
Previa 6: Moeche – Ánimas
Previa 7: G. Caranza – As Pontes B
DEZASEISAVOS DE FINAL.
Xogaránse o día 15 de maio, e será a partido único, no terreo de xogo do equipo que aparece en primeiro lugar. Estes son os emparellamentos:
Barallobre – gañador Previa 2
Narón “B” – Perlio
Gañador Previa 4 – G. Mugardos
Gañador Previa 1 – NUMANCIA
Somozas “B” – Cariño
Mandia – Valdoviño
Meirás – gañador Previa 6
Gañador Previa 5 – Maniños
Gañador Previa 3 – San Sadurniño
Eume – Ortigueira
Cedeira – Aspirantes
Equipos exentos desta fase:
R. de Neda, Os Amigos, Rosalía, A Capela e gañador da Previa 7.
O RESTO DO CALENDARIO E O SEGUINTE:
OITAVOS DE FINAL: disputarase a partido único o día 22 de maio.
CUARTOS DE FINAL: disputarase a partido único o día 29 de maio.
SEMIFINAIS: disputarase a dobre volta os días 5 e 12 de xuño.
FINAL: disputarase a partido único o día 18 de xuño.