AFECCIONADOS. NUMANCIA, 3 - BARALLOBRE, 1.
VITORIA CON SUSPENSE.
Os de Ares tiveron que remontar, e malia o que pareza, a vitoria non foi tan doada.
Prados Vellos 3 de abril de 2011.
ALINIACIONS:
NUMANCIA: Carlos, Martín (Teti 72´), Costa, Pedro Machado, Zeta, Alex, Bule, Javi (Quique 82´), Manu, Jorge (Jaume 80´) e Rubén.
BARALLOBRE: Tobe, Zalo, Diego, Toril, Roel, Gabi (Justo 30´), Chapo, Telmo, Cesar, Garecho (Montero 74´) e Dopico (Ivan 70´).
COLEXIADO: D. Víctor M. García Villaverde (Delegación de Ferrol). Amonestou a Pedro Machado do Numancia, e a Diego, Toril e Roel do Barallobre. Expulsou a Carlos Rodríguez (adestrador) do Numancia por dobre cartón amarelo.
GOLES:
Numancia: Jorge, Javi e Alex.
Barallobre: Cesar.
30ª xornada da Liga da 2ª Autonómica onde ó Numancia derrotou a SD Barallobre en Prados Vellos ante préto de 250 espectadores.
Antes de dar comezo o encontro Fran Bardanca, representante da adega Murillo Viteri para a zona de Ferrolterra, fixo entrega dun agasallo ao xogador mais regular do mes de marzo. Neste ocasión o agraciado foi o defensa Zeta, que acada así o seu segundo agasallo nesta tempada. Dende aquí damoslle a nosa noraboa.
E xa entramos de cheo no partido. Maravillosa tarde en Ares. Sol e boa temperatura. E tamén fútbol. Partido de rivalidade entre o Numancia e o Barallobre. Era un partido dos que sempre apetece desfrutar, e así o fixeron os afeccionados de ámbolos dous equipos.
Sendo sinceiros, na primeira metade non deberon desfrutar moito. Salvamos algunas chegadas do Numancia a meta visitante que se traduciron en claras ocasións de gol ben solventadas polo porteiro aresán do Barallobre, Tobe. Esas xogadas e a emoción e tensión propia do partido é o que podemos salvar desta primeira metade con pouco fútbol vistoso.
Na segunda metade saiu mais enchufado ó Barallobre. Froito desa motivación e da páxara numantina chegaría o gol visitante. Un balón aéreo ás costas da defensa numantina e recibido polo dianteiro fenés, César, que bate o porteiro Carlos na súa saída no minuto 53 de encontro, conseguindo o 0 - 1. Intentaba reaccionar ó Numancia. O partido endurecíase. Iso espabilou ós de Ares, que tirando de casta e conseguirían o 1 - 1 nun precioso lanzamento de falta do xoven Jorge dende unha esquina. 1 - 1 no minuto 67. Seguiría o dominio aresán e sería Bule o que aparecería por banda dereita para recoller un rexeitamento dunha falta no área do Barallobre, centraría e Javi conseguiría de preciso remate de cabeza o 2 - 1 no minuto 73. Vivíronse momentos de absurda tensión en Prados Vellos ata que nos últimos intres do encontro una xogada por banda que conducen Quique e Alex, este último internase no área, aguanta a saida de Tobe e bateo de forte disparo cruzado, para conseguir o definitivo 3 - 1 no minuto 93. Así chegaríamos ó final do partido, con tensión pero con vitoria para ó Numancia.
En definitiva, partido moi desputado por parte dos dous equipos, onde a loita impúxose o bo xogo. A maior calidade dos de Ares nos últimos metros e a excelente actuación do porteiro numantino Carlos salvando dous claros goles visitantes, foron determinantes neste encontro.
Vitoria importante para ó Numancia, no seu afán de rematar a Liga na mellor posición posible, o máis arriba que se poida. Tocan agora tres partidos a domicilio, Aspirantes, Sansa e Mandiá, antes do último partido de Liga en maio ante o Ortigueira.
Polo tanto, 3 semanas para que a Marea Vermella pasee ás súas innovadoras e modernas bufandas por Ferrol, San Sadurniño e Mandía.
¡¡¡Vémonos todos coas nosas bufandas o vindeiro domingo no campo de A Gándara, apoiando ó noso equipo ante ó Aspirantes, e pasando unha boa tarde de fútbol¡¡¡
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡