2ª AUTONÓMICA. NUMANCIA , 1 – SAN SADURNIÑO, 1

 Empate in extremis S.D.R. Numancia de Ares. 2ª Regional. Numancia - Sansadurniño

15 de xaneiro de 2009. Xoán.

 

ALINEACIÓNS:

NUMANCIA : Sergio; Bule, Costa (César), García, Vicente, Fernando (Jesús; Teti (Dani), Borja, Pedro(Eloy); Jose(Redondo) e Oli.

SAN SADURNIÑO: Marcos; Antón, David, Andrés (Rober),Miguel (Zallas); Dani, Michel, Germán; Carlos, Ángel(Javi) e Pepe (Melo).

ÁRBITRO: Arbitraxe correcta. Amoestou a Bule (m.61 e 64), Vicente (m.73) e García (m.88), do Numancia e a Miguel (m.77), Dani (m.78) e Pepe (m.31), do Sansa.

 

GOLES:

0 – 1 (m.27): Dani, en xogada individual desde o borde da área picando por alto o balón.

1 – 1 (m. 89): Falta directa lanzada maxistralmente por Dani, que coloca o balón na escuadra.

 

COMENTARIO: Partido gris o disputado polos dous equipos. Na primeira parte só contabilizamos dous disparos entre os tres paos: o gol do Sansa e o penalti lanzado por Borja finalizando o primeiro tempo e rexeitado polo porteiro.

Na segunda parte, o Numancia modificou o seu esquema táctico, colocando unha defensa de catro mais a expulsión de Bule aos doce minutos condicionaba de novo o posicionamento no campo dos xogadores locais, polo que Juan Alberto tivo que realizar cambios e situou a Oli de lateral esquerdo e García volveu á posición de central. Curiosamente, se na primeira parte o control do partido correspondeu ao Sansa, nos últimos trinta minutos o Numancia puido efectuar algunha combinación en ataque, aínda que fose o Sansa o que desperdiciara varias oportunidades para sentenciar un encontro no que finalmente perdeu dous puntos.

Visto o desenvolvemento do partido, coas lesións de Fernando e Jose, o penalti fallado por Borja, a expulsión de Bule e as baixas por lesión de Javi e Rubén, este empate ten sabor a vitoria.

Aínda que resulta difícil mencionar algún destacado, salientar o bo traballo de García por parte do Numancia, e no Sansa destacaría aos dous centrais, David e Andrés.

 

INCIDENCIAS: Antes de comezar o partido gardouse un minuto de silenzo en memoria de Iago Outes,xogador do Narón falecido esta semana en accidente de tráfico.

Pouca asistencia de público a Prados Vellos nunha tarde soleada.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.