AFECCIONADOS. NUMANCIA, 2 - R. DE NEDA, 3.
NERVOS, DERROTA E IMPOTENCIA.
Os de Ares non souberon matar o encontro e pagaron as consecuencias.
Prados Vellos 20 de marzo de 2011.
ALINIACIÓNS:
NUMANCIA: Carlos, Martín, Costa, Vicente, Zeta, Jauma, Bule (Javi 77´), Alex, Manu, Rubén e Carlitos (Jorge 77´).
R. DE NEDA: Brais, Rafa, Abel, Miguel, Graña, Sergio, Chespi (Pin 80´), Pitu, Pachi, Beni e Rubén (Turu 74´).
COLEXIADO: D. David Brito Regadera, asistido nas bandas por D. Alberto Lorenzo López e D. Telmo Pérez Vázquez (Delegación de Ferrol). Amonestou a Vicente, Zeta, Manu e Carlos Rodríguez (Adestrador) polo Numancia. E a Abel, Miguel, Pitu, Pachi, Turu e Pin polo Neda. Expulsou a Jose polo Numancia, e a José Saavedra (adestrador) e Amador Rodríguez (Delegado) polo Neda.
GOLES:
Numancia: Rubén e Manu.
R. de Neda: Martín (p.p), Beni (2).
Vixésimo oitava xornada da 2ª Autonómica onde o Numancia sufreu unha dura derrota ante o Rápido de Neda en Prados Vellos ante 150 espectadores.
Antes de dar comezo o encontro gardouse un respectuoso minuto de silencio polos tristes acaecementos acontecidos en Xapón nos últimos días.
Nunha preciosa tarde en Prados Vellos, con sol e boa temperatura recibía o noso Numancia ó Rápido de Neda. Era un partido clave para ambos conxuntos, que se agarraban con forza ás últimas posibilidades de loitar polas dúas primeiras posición ligueiras.
Comezaba ó partido cun Numancia dominador. Ós numantinos nos 15 primeiros minutos de xogo tiveron ocasións para sentenciar ó encontro. Desas ocasións, soamente unha tivo o premio do gol. Sería no minuto 4, cando un bonito centro de Bule e rematado por un dos goleadores do equipo, Rubén, o fondo das mallas da portería visitante. Este gol pareceu espertar ó Neda, que empezaba a virse arriba. No minuto 25 unha protesta dende o banquillo numantino provocaba a expulsión de Jose. Unha incidencia que desconcertou ós de Ares, xa que posteriormente chegaría o 1 - 1 do Neda nunha xogada desgraciada onde o bo xogador numantino Martín introduce o balón na sua propia portería. Dende ese momento ata o descanso, houbo moitos nervos, protestas, un partido intenso e tolo. Chegouse o intermedio polo tanto co resultado de 1 – 1.
Na segunda metade volveu a saír mais enchufado ó Numancia. Chegaría o 2 - 1 no minuto 2 obra de Manu tras fusilar o porteiro nedense. Tiña ó Numancia a ventaxa no marcador, aínda que non controlaba o encontro. Entraron ós numantinos nas protestas, piques e provocacións do conxunto nedende. Ambos equipos esquecéronse do fútbol. Pero no fútbol non fai falta xogar moito para conseguir goles. Que llo digan ó Neda, que en dous balóns longos ás costas da defensa numantina conseguían o 2 – 2 e o definitivo 2 – 3, nos minutos 57 e 74 respectivamente. Un duro golpe para ó Numancia, que nos últimos minutos foi en busca do empate, pero con demasiada presión, moitos nervos e impotencia. Non poido ser, o Neda foi mais intelixente neste partido, máis experto. Resultado final, Numancia 2 – Neda 3. ¡¡¡Iso e o que vale¡¡¡ Na 2º Autonómica algúns equipos gañan sen importarlles o prezo da vitoria.
En definitiva, un partido que se poido levar calqueira dos dous equipos. O Numancia faltoulle saber controlar e matar ó encontro, permitindo que un experto conxunto nedense remontara o marcador adverso en dúas ocasións. Demasiado inocentes ós numantinos, pero é lóxico.
Con esta derrota, o Numancia queda prácticamente descartado da loita polos dous primeiros postos. ¡¡¡Non pasa nada¡¡¡ Non podemos criticar nin enfadarnos con noso equipo. Temos un plantel cunha media de idade de 21 - 23 anos, un equipo moi xoven, inocente si, pero moi prometedor. Temos unha decena de xogadores xóvenes chamados a facer cousas grandes no Numancia a corto – medio prazo. Polo tanto, temos que seguir apoiando a estos xogadores, ó noso equipo nas 6 xornadas que faltan para finalizar a Liga, e rematala do xeito mais digno posible. Estas xornadas teñen que servirnos tamén para prepararnos para a competición da Copa da Ría, onde volveremos a ter licenza para soñar. Ninguén sobra nesta familia e ninguén é imprescindible. ¡¡¡¡Todos xuntos co Numancia nestos momentos¡¡¡
O vindeiro partido, será na casa do líder, o Narón “B”. Polo tanto, vémonos TODOS o vindeiro domingo en Piñeiros.
¡¡¡Non podemos abandoar agora¡¡¡
¡¡¡XUNTOS PODEMOS¡¡¡
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡¡