Inicio Noticias Afeccionados AFECCIONADOS. ROSALIA, 2 - NUMANCIA, 3.
 
 

AFECCIONADOS. ROSALIA, 2 - NUMANCIA, 3.

ADR Numancia de Ares. Afeccionados 2010-2011. Rosalía 2 - Numancia 3. O Lameiro (Vilaboa).VITORIA NO ULTIMO SUSPIRO.
Na segunda metade os de Ares foron quen de dobregar a un Rosalía cheo de veteranos os que ás condicións físicas pasoulles factura na segunda metade.

 

O Lameiro (Vilaboa) 13 de marzo de 2011.

ALINIACIONS:
ROSALIA: Ricardo, Javi, Víctor, Alberto, Carlos, Orlando, Jorge, Suso, Esteban, Mariano (Rubio 73´) e Iván (Genín 80´).

NUMANCIA: Carlos, Martín, Costa, Vicente, Zeta, Alex, Bule, Rubén, Manu, Jorge (Quique 76´) e Carlitos (Juanra 89´).

COLEXIADO: D. Alberto Martínez Miguez, asistido nas bandas por D. Sylvie Le Prince Tchoukali y D. Otmane Belrmlid (Delegación de Ferrol). Amonestou a Suso polo Rosalía e a Bule polo Numancia. Expulsou a Carlos Rodríguez adestrador do Numancia.

GOLES:
Rosalía: Iván e Suso.
Numancia: Alex, Carlitos e Rubén.

 



Tarde fresca, co ceo encapotado e con ameaza de choiva que finalmente non fixo acto de presenza en Vilaboa. Presentábanse os de Ares, bastante decimados polas lesións, para enfrontarse ao Rosalía, un equipo correúdo e con moitos veteranos nas súas filas. Carlos Rodríguez, ante a baixas, tivo que botar man de dous xogadores xuvenís, Juanra e Pablo e un cadete, Quique, para completar a plantilla que se enfrotaría os de Vilaboa. Todo un orgullo para o club, unha gran satisfacción para os rapaces e un exemplo de compromiso para o resto de xogadores da entidade aresá. Todo un reto e unha gran aposta de Carlos por dar minutos a rapaces tan novos. Pero ao que non lle cabe a máis mínima dúbida de que eles, e outros xogadores, poden aportar cousas ao primeiro equipo, nesta difícil e competitiva liga da 2ª autonómica.

Entrando xa no partido. Ás xa reducidas dimensións do Lameiro, apuntar as malas condicións do campo, cun céspede moi brando, por mor da choiva caída nas xornadas precedentes, e con moitas irregularidades, o que dificultou en gran medida o control do balón e propiciou moitas perdas do mesmo. Estas circunstancias condicionaron bastante a vistosidade do xogo e o desenvolvemento do partido. E tamén pasou factura a algúns xogadores na segunda metade. A primeira metade non tivo moitas cousas destacables. Caracterizouse polo xogo no mediocampo e as poucas ocasións de gol para ambos equipos. Os de Ares foron os que tiveron a posesión nos primeiros corenta e cinco minutos e levaron o peso do encontro. Pero en fronte atopáronse cun equipo de xogadores veteranos que achicaron bastante aos numantinos non permitíndolles chegar con claridade a porta. Pese ao dominio e a posesión dos de Ares sería o Rosalía o que se adiantaría no marcador. Un rigoroso penalti, transformado por Iván, suporía o primeiro tanto local no minuto 18. De aquí ata o final da primeira metade tímidas chegadas ás áreas rivais pero con escaso perigo. Polo que chegaríamos ao descanso co resultado de 1 - 0 a favor dos locais.

Na segunda metade os de Ares botaron a casta, volvendo a ser os claros dominadores e levando de novo todo o peso. Tiveron claras ocasións de gol, pero a sorte non lles acompañou. Pasaban os minutos, e a pesar do dominio visitante os goles non chegaban, creándose certa incerteza entre a fiel afección numantina que se desprazou ata Vilaboa. Houbo que esperar, ata o minuto 67, para que o fútbol fixese xustiza en favor dos de Ares e en forma de gol. Sensacional disparo á media volta de Alex que sorprende por alto a Ricardo, empatando o partido cun fermoso gol. Xusto premio ao labor do equipo visitante. Puideron adiantase os de Ares no minuto 72 nunha falta botada por Zeta, pero o balón estrelouse no traveseiro. A superioridade no terreo de xogo e o ímpeto dos aresáns non tardaría moito en verse recompensado de novo. Minuto 81, balón colgado por Manu ao bordo da área, Carlitos peléxao e faise con él, encara a Ricardo, e nun man a man báteo por baixo, 1 - 2. Pero dous minutos despois sufriron un golpe de mala sorte os numantinos, quizais pola súa pouca contundencia en defensa, pois en superioridade numérica foron incapaces de frear un rapidísimo contraataque do Rosalía, que nun dous contra catro, Suso transformaría no empate para os locais. Inxustizas do fútbol, pois o Rosalía non había feito suficientes méritos para levar este agasallo. Pese ao barapau, os de Ares non se precipitaron, quedaban minutos, estabano a facer ben, mantiveron a calma e continuaron coa súa filosofía de xogo. Filosofía que obtivo a súa recompensa nas postrimerías do encontro. Corría o minuto 88, xogada por banda de Manu que alcanza a liña de fondo, centra e Rubén na boca de gol empurra o balón ao fondo das mallas, 2 - 3. Ledicia na parroquia numantina. Gol que facía xustiza ao visto no terreo de xogo. Aos poucos minutos o colexiado pita o final da contenda. Xusta e merecida vitoria dos numantinos, aínda que curto resultado a tenor das oportunidades creadas.

O próximo fin de semana outra gran final para os de Ares en Prados Vellos. Nesta ocasión recibiremos ao R. de Neda, sexto clasificado, un punto por baixo do Numancia.

Domingo 20, ás 16:30 horas, Prados Vellos ¡¡¡NUMANCIA – NEDA!!!. Un encontro de vital importancia para ambos conxuntos. Pero en especial para o noso Numancia, para manter a ilusión, seguir soñando, e unha vez máis necesita dá fiel afección. Desa ¡¡¡MAREA VERMELLA!!! que ten que arroupar ao equipo. Esperámoste.

Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.