AFECCIONADOS. C. MANIÑOS, 2 - NUMANCIA, 1.
A ESTRATEXIA VENCEU Ó ESPÍRITU NUMANTINO
Partido moi desputado e de moita incertidume ata o asubio final, pois foi nos últimos minutos cando chegaron os goles.
O Pote, 6 de febreiro de 2011.
ALINIACIÓNS:
C. MANIÑOS: Brage, Adri, Casteleiro, David, Ivan (Jumaka 72´), Alfonso, Marquitos, Charli (Javi, 46´), Diego, Josimar e Rubén (Mato 78´).
NUMANCIA: Carlos, Bule, Costa, Vicente, Zeta, Jauma (Jose 34´), Pedro Machado (Pedro Blanco 70´), Alex, Manu, Jorge (Juanra 70´) e Carlitos (Quique 58´).
COLEXIADO: D. Alejandro Méndez Bouza (Delegación de Ferrol). Amonestou a Adri, David e Diego polo Maniños; e a Bule, Alex, Jorge, Carlitos, Pedro Blanco e Carlos Rodríguez (adestrador) polo Numancia.
GOLES:
C. Maniños: Casteleiro e Diego.
Numancia: Jose.
Vixésima segunda xornada da apasionante Liga da 2ª Autonómica onde ó Numancia deu unha boa imaxe pese a caer derrotado ante o C. Maniños nun duelo da parte alta da táboa entre equipos veciños, desputado no Pote ante 250 espectadores, con gran vitoria numantina nas bancadas.
Tarde primaveral en Maniños, sol e temperatura agradable. A fiel afección do Maniños e a gran Marea Vermella numantina esperaban con gran expectación o inicio dun gran partido de fútbol, Maniños e Numancia, dous equipos da zona alta da táboa e con gran rivalidade tradicional, enfrontábanse no campo de O Pote.
Vimos unha primeira metade do encontro moi disputada, sen dominador claro. Houbo loita, moito centrocampismo e chegadas á area por parte de ambos equipos, que tiveron tímidas ocasións de adiantarse. Ningún o conseguiu, polo tanto 0 - 0, empate xusto ó descanso.
Na segunda parte, comezou mellor ó Maniños, volcado ante a portería numantina. Ese bo comezo tivo premio nunha falta lateral colgada á area numantina, unha xogada de estratexia que foi rematada a gol por Casteleiro. 1 - 0 no minuto 51, mazazo para as aspiracións numantinas. Non se viu abaixo ó Numancia, intentou achegarse a portería local, aínda que no era o día de sorte. Producíase nas filas dos de Ares ós debuts de dous xogadores da gran canteira aresá, o cadete Quique e o xuvenil Juanra. Un orgullo para todos, ver como ós rapaces tamén poden axudar ó primeiro equipo, nada mais e nada menos que nun Maniños – Numancia trascendental. Volvendo o encontro, dicíamos que ó Numancia buscaba ó empate pero cando mellor estaban xogando ós de Ares, outra falta lateral e conducida ó fondo das mallas polo xogador local Diego, nunha xogada desgraciada para o equipo de Ares, a falta de 10 minutos para ó final. ¿Rendeuse ó Numancia? !!! Para nada¡¡¡¡ !!! Saiu o espíritu numantino¡¡¡. Na seguinte xogada, era Jose o que aproveitaba unha boa asistencia de Manu para conseguir o 2 - 1, quedaba moito partido. Nos últimos minutos, respirábase tensión e emoción. O Numancia buscaba o empate, o Maniños perdía tempo. Quentábase o encontro, había moito en xogo. Poido ó Numancia empatar, pero hoxe non había pegada. E iso e unha das cousas mais importantes do fútbol. A estratexia e a pegada. Empate en canto a xogo polos dous equipos, tamén en canto a entrega e sacrificio. Pero o Maniños venceu con estratexia e pegada, polo tanto resultado “xusto” ó final do encontro C. Maniños 2 - Numancia 1, toca saber perder e felicitar o Maniños.
En definitiva, un encontro emocionante, disputado e apasioante que non defraudou a ninguén. Resaltar a cordialidade entre directivos e afeccionados de ambos conxuntos durante ó partido. No terreo de xogo, a tensión propia dun encontro destas características non pasou a maiores. Felicitar ós dous equipos polo espectáculo ofrecido e ó colexiado por non estropéalo.
Falando do Numancia, derrota dolorosa, ante un rival directo. Non pasa nada, seguimos como a semana pasada a 6 puntos do 2º clasificado. Non pasou nada. Un Numancia de Ares moi xoven deu a cara ante unha selección da 2ª Autonómica chamada Cultural Maniños. Non poido ser, pero… ¡¡¡que gusto da ver a este Numancia¡¡¡ Queda moita Liga por diante, e despois a Copa. ¡¡¡Queda moita tempada por diante, tranquilidade e a seguir desfrutando co noso equipo¡¡¡
E recordade, pode que no terreo de xogo non quedemos campións, nin segundos nin terceiros, ou pode que si… ¿quen sabe? Pero o que si podemos dicir con orgullo e que ó noso Numancia e a nosa Marea Vermella e a campiona con diferenza da 2ª Autónomica nas bancadas e nas diferentes localidades de toda a comarca de Ferrol e Ortegal. ¡¡¡A forza numantina continua¡¡¡
No vindeiro partido, non se pode fallar. Numancia – Cedeira ó próximo domingo as 16:15 en Prados Vellos. Dous equipos que necesitan a vitoria para non quedar descolgados da zona alta. ¡¡¡Partido crucial para ambos¡¡¡ Polo tanto…. ¡¡¡preparemos outra Marea Vermella¡¡¡
Domingo, ás 16:15, Numancia VS Cedeira… ¡¡¡TODOS A PRADOS VELLOS¡¡¡
¡¡¡XUNTOS PODEMOS¡¡¡
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡