AFECCIONADOS. ORTIGUEIRA, 0 - NUMANCIA, 2.

SDR Numancia de Ares. Afeccionados 2010-2011. Ortigueira 0 - Numancia 2. San Claudio.¡¡¡ORGULLO NUMANTINO!!!

Hoxe viuse un gran Numancia, sensacional partido dos de Ares en Ortigueira.

 

San Claudio, 8 de decembro do 2010.

ALINIACIÓNS:
ORTIGUEIRA: Roberto (Cochi 79´), Diego Aneiros, Pabliño, Alberto, Víctor Blanco, Isaac, Pablo Ares (Camilo 67´), Simón (Pablo Fojo 69´), Chispi, Pablo Breijo e Javi.

NUMANCIA: Carlos, Bule, Costa, Vicente (Pedro Blanco 84´), Zeta (Martín 87´), Pedro Machado, Jose (Carlos 74´), Alex, Manu, Oli e Rubén.

COLEXIADO: D. Cristián Santos González (Delegación de Ferrol). Amonestou a Víctor Blanco e Pablo Breijo do Ortigueira. Polo Numancia a Carlos, Pedro Machado e Jose, expulsou a Carlos Rodríguez (Adestrador).

GOLES:
Numancia: Alex e Rubén.

Xornada 17ª da 2ª Autonómica de Ferrolterra prevista para o incómodo 2 de xaneiro de 2011, pero adiantada ó mércores 8 de decembro, onde o Numancia visitaba Ortigueira para enfrontarse a un duro rival e a algunha que outra circunstancia sorprendente, nunha viaxe que finalmente foi feliz pola importante vitoria conseguida.

Nunha tarde fresca e con orballo dirixíase a expedición numantina a Ortigueira. Unha primeira expedición con xogadores e corpo técnico saían as 14:15 en dirección o escenario onde tiñamos constancia de que se celebraría o encontro, o terreo de xogo de Morouzos. Posteriormente outra expedición saía media hora mais tarde na mesma dirección. Ás dúas expedicións poideron desfrutar dunha excursión a Morouzos, observando a beleza do pobo de Ortigueira e a súa fermosa praia. Iso si, as dúas expedicións tiveron que dar volta para finalmente xogar ou presenciar ó partido no campo de San Claudio, antes de entrar no pobo de Ortigueira.

Falando xa de fútbol, tiveron que adaptarse ós numantinos a un terreo de xogo de pequeñas dimensións, ademais de ter que xogar ante un gran equipo como o Ortigueira CF. Parece que os de Ares crecéronse ante as circunstancias, e tiveron o dominio do balón durante o partido tendo varias ocasións claras de gol na primeira metade. Ter o balón controlado non significa ter o partido controlado nun campo tan pequeño, e demostrouse cando vimos como o Ortigueira tamén levaba perigo en contraataques, balóns longos ou xogadas de estratexia. Dúas formas diferentes de xogar, e resultado de 0 - 0 ó descanso.

Na segunda metade seguiron as cousas igual, aínda que por sorte para ós numantinos chegaron ós goles. O primeiro, no minuto 61, saque de corner que peina Jose, o balón cae nos pes de Alex que envía ao fondo das mallas, 0 – 1. Dous minutos despois nova oportunidade para os de Ares, falta que colga Bule o área e remate de cabeza de Oli que se estrela no longueiro. O Ortigueira tamén tuvo a sua oportunidade para empatar o encontro no 71´, cun disparo lonxano de Pabliño que se estela na escadra da meta aresá.

O segundo e definitivo tanto, foi no minuto 73, tras unha bonita internada por banda de Manu que alcanza a liña de fondo, centra, Rubén elevase no ceo de Ortiguiera e sensacional remate de cabeza ao fondo da meta local, 0 – 2. Dous goles que encarrilaron o partido para ó Numancia, que ainda dispuxo doutra nova ocasión no 85´con outro novo remate de cabeza de Oli a o traveseiro. Xa nos últimos minutos do encontro o Numancia tivo que sufrir un pouco, como e loxico, polo empuxe local, pero o marcador xa non se movería. O que supoñia unha vitoria importantísima para deixar tocado a un rival directo, deixando o marcador final no coñecido 0 - 2 para os de Ares.

En definitiva, como dícia un fiel aficcionado, esta vez hai que poñerlle a todos a nota mais alta no Murillo Viteri. Neste partido non hai destacados, simplemente houbo un gran Numancia en Ortigueira. Un equipo unido, pelexando cada balón ó máximo, unha piña de xogadores coa camiseta vermella que hoxe tiveron un bonito premio ó seu compromiso e a súa loita.

Bonito premio tamén para ós afeccionados. Dicir que no campo de San Claudio había 10 aficcionados do Ortigueira CF e 35 ou 40 do Numancia. Nun día festivo, nunha tarde gris e fría alí estaba a marea vermella apoiando ó seu equipo. Unha marea vermella que se merece moitos Murillo Viteri, pero como sábe que non vai a poder ser, confórmase con animar ó seu equipo alá onde vaia e quédase co mellor premio que hai, a entrega ó máximo dos seus xogadores, por enriba da importante victoria.

Agora non vale relaxarse, temos dous partidos consecutivos na casa para finalizar a  primeira volta e consolidarnos nos primeiros postos da clasificación. ¡¡¡Soamente serve a victoria¡¡¡. A primeira delas ten que chegar o próximo domingo as 16:00 en Prados Vellos ante o Mandia CF onde os numantinos temos que subir a desfrutar dunha tarde de sol (se a previsión de Meteogalicia non falla como en Ortigueira, se falla sempre haberá algún paraugas a man) e a desfrutar deste Numancia en racha. ¡¡¡Non podedes fallar¡¡¡

¡¡¡Vémonos TODOS ó domingo as 16:00 en Prados Vellos¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.