AFECCIONADOS. BARALLOBRE, 1 - NUMANCIA, 3.

SDR Numancia de Ares. Afeccionados 2010-2011. Barallobre 1 - Numancia 3. O Ramo.UNHA SEGUNDA REXIONAL MOI APERTADA
O Barallobre un equipo de vai de máis a menos viuse superado polo Numancia sen moita dificultade. Con esta vitoria os de Ares colocanse na sexta posición da táboa, a tres puntos da cabeza.

Barallobre, 28 novembro do 2010.

ALINIACIÓNS:
BARALLOBRE: Alberto (Monti 46´), Zalo, Adrián, Diego (Iván 60´), López, Roel (Fer 75´), Justo (Chapo 46´), Telmo, Toril, Xavi (Noel 75´) e Garecho.

NUMANCIA: Carlos, Bule, Costa (Antón 63´), Vicente, Zeta (Martín 79´), Pedro Machado (Carlos 53´), Jose (Jorge 63´), Alex, Manu, Oli (Rubén 79´) e Javi.

COLEXIADO: D. Alberto Martínez Míguez. Amonestou a Roel, López e Iván do Barallobre. Alex, Pedro Machado, Manu, Oli e Javi do Numancia. Expulsou a Victor Dominguez (Delegado do Barallobre).

GOLES:
1 Barallobre: Chapo (89´).
3 Numancia: Vicente (23’), Jose (31’) e Manu (77´).

 


Primeira metade na que ao Numancia custoulle algúns minutos meterse no partido. Os de Ares trataban de xogar o balón pero as irregularidades do terreo de xogo non llo permitía, propiciándose moitas perdas por fallos nos controis. A medida que foi avanzando o encontro o Numancia foise impoñendo ao seu rival e apoderouse do terreo e da primeira parte, creando boas xogadas de perigo, dúas das cales se transformaron en gol, no minuto 23´ obra de Vicente, despois de aproveitar unha mele na área, e Jose no 31´, que fusila a meta local ao rematar un pase medido de Manu. Pola contra o Barallobre nesta primeira metade apenas inquietou a meta numantina, agas de un par de xogadas a balón parado.

Na segunda metade os de Ares saíron coas súas liñas moi atrasadas, circunstancia que aproveitaron os locais para irse arriba. Durante os dez ou quince primeiros minutos, os de Barallobre envorcáronse sobre o campo rival, creando dúas claras ocasións, que afortunadamente non materializaron, foron os mellores minutos dos locais. A partir de aí os de Ares volveron coller o control do encontro. Deron dous avisos por medio de Carlos e Manu con dous disparos que marcharon por enriba do longueiro e o Barallobre tivo que repregar as súas líñas ante as contras e o empuxe dos de Ares. No 77´ chegaría o terceiro para o Numancia nunha bonita xogada individual de Manu despois dun roubo de balón no pico do área. No último cuarto o cansazo pasou factura aos locais polo que os de Ares gañaban con moita facilidade as costas da defensa, marcándolles outro gol legal, que o colexiado anularía, así como tres ou catro foras de xogo moi dubidosos. No último suspiro do encontro, un descontrol defensivo da zaga aresá propicia que chegue un balón a Chapo, que só no segundo pau marca o gol da honra local.

Tres puntos importantes que permite ós de Ares estar nos postos altos da taboa. Taboa cunha clasificación moi apertada, pois os sete primeiros clasificados movense nunha marxe de tres puntos.

O vindeiro fin de semana, en horario adiantado, ás 16:00, o Numancia recibe en Prados Vellos ao Aspirantes. E o próximo mércores 8 de decembro, haberá xornada de liga, o encontro programado para o 2 de xaneiro, adiántase para a devandita data. Nesta ocasión os de Ares desprazaranse a terras ortegás para enfrontase ao Ortigueira.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.