AFECCIONADOS. CONVOCATORIA NUMANCIA - NARÓN B
PERDEMOS A BORJA PARA UNS MESES
Por mor dun accidente de tráfico, Borja Carballo sufriu unha lesión nas cervicais e estará ausente dos campos de fútbol un par de meses.
Ares, 19 de novembro de 2010
Cando todos estabamos felices pola reincorporación de Álex García, encontrámonos coa baixa de Borja Carballo, un xogador importantísimo que empezaba a coller a forma tras a recuperación da lesión do nocello. Mais hai que seguir na loita e non renunciar a nada.
Para o partido deste domingo en Prados Vellos, ante un difícil rival como é o Narón B, Carlos Rodríguez convocou aos seguintes xogadores:
Porteiro: Carlos Arnoso
Defensas: Bule, Costa, Vicente, Óscar, Martín e Pedro Machado.
Medios: Oli, Jose, Álex García, Jorge, Teti e Rubén.
Dianteiros: Manu, Javi e Carlos.