AFECCIONADOS. NUMANCIA, 4 - ROSALIA, 1

SDR Numancia de Ares. Afeccionados 2010-2011. Numancia 4 - Rosalía 1. Prados Vellos.VITORIA CLARA NUN ENCONTRO NO QUE APENAS SE PASARON APUROS.
Tres importantes puntos para os de Ares que lle permiten erguerse á quinta posición da táboa, a catro puntos da cabeza, en parte tamén favorecidos pola derrota do Somozas B e os empates do Cariño e o Maniños.

Ares 07 de novembro do 2010

ALINIACIÓNS:
Numancia: Carlos (Kiko 61´), Bule, Costa (Antón 65´), Jaume (Rubén 55´), Zeta, Borja, Pedro Machado, Oli, Manu, Jorge (Javi 55´) e Jose (Teti 60´).

Rosalía: Ricardo, Juan (Javi 65´), Víctor (Roberto 80´), Toni (Mariano 30´), Suso, Orlando, Alberto (Jose 85´), Carlos, Esteban, Jorge (Genin 65´) e Marcial.

COLEXIADO: D. David Brito Regadera (Delegación de Ferrol), asistido nas bandas por D. Eduardo Rodríguez Penas e D. Álvaro García Santaeugenia. Amosoulle cartón amarelo a Jose do Numancia e a Suso e Orlando do Rosalía. Expulsou a Ricardo do Rosalía por doble cartón amarelo.

GOLES:
Numancia: Manu (2), Jose, Borja.
Rosalía: Jorge.

 



Antes de dar comezo o encontro gardouse un emotivo minuto de silencio en recordo de Dª. Mª del Carme Acebo avoa do porteiro local Carlos Arnoso. Descanse en paz.

Primeira metade que nada máis comezar xa se puxo de cara para os locais, pois aos dous minutos de xogo poñíanse por diante no marcador. Un centro de Costa á área chega a Manu que se revolve entre dous defensas e envía ao fondo das mallas, 1 - 0. O Rosalía co resultado en contra adiantou as súas liñas en exceso asumindo moitos riscos, e con xogo directo intentou sorprender ao Numancia, pero a ben plantada defensa dos de Ares rexeitaba unha e outra vez os balóns en profundidade dos visitantes. O adiantamento excesivo da liña defensiva, non tardaría en pasar factura ao Rosalía, ante a rápida dianteira do Numancia, que nos minutos 19 e 20 daría dous avisos por medio de Oli e Jorge. E no minuto 23, pillería de Pedro Machado, ve a Ricardo excesivamente adiantado e de forte disparo dende o círculo central estrela o balón no longueiro. Pero sería no 24 cando o Numancia optería o seu premio, un rapidísimo Manu alcanza a liña de fondo, centra, e sensacional remate de cabeza de Jose ao fondo das mallas, 2 - 0. Resultado co que nos iríamos ao descanso nunha primeira metade na que o Rosalía estivo a mercéde dos locais.

A segunda metade comezou con bastante intensidade e co mesmo plantexamento por parte de ámboslos dous conxuntos. Aos cinco minutos da reanudación, os de Ares volvían sorprender cun novo balón ás costas dos defensas que recolle Jorge, centro dende o lateral do área ao punto de penalti, Manu libre de marca, controla e bate por segunda vez a Ricardo, 3 - 0. Co resultado a favor os de Ares baixaron en intensidade e o Rosalía aproveitou para achuchar a meta local, para no 57 acurtar distancias. Saque dun corner que despois de varios rexeites os de Ares non son quen de afastar, o balón queda solto no bordo do área e Jorge de forte disparo a media altura bate a Carlos, 3 - 1. O Rosalía anímase, envórcase na meta aresá, e no 60 vólvense a ver sorprendidos cun novo balón ás súas costas que recolle e conduce Borja, encara a Ricardo e báteo de disparo cruzado, 4 - 1. A partir de aquí comeza o baile de cambios en ámboslos dous bancos. Os dous equipos perden a posición no campo, moito centrocampismo, continuas perdas de balón, e xogo deslucido. Ainda así, os de Ares, tiveron algunhas boas ocasións para aumentar o marcador pero chegouse ao final co coñecido resultado de 4 - 1.

Próxima xornada, R. de Neda (6º) - Numancia (5º) sen dúbida un importante e transcendental encontro para ámboslos dous conxuntos. Vemonos ou vindeiro fin de semana non Municipal de Neda, no que a priori presentase como un bo encontro.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.