AFECCIONADOS. MEIRÁS - NUMANCIA. CONVOCATORIA
BORJA CARBALLO, PRINCIPAL NOVIDADE
Despois de varias convocatorias sen poder entrar por mor dunha lesión no nocello, Borja poderá participar no partido deste domingo, en Meirás.
Ares, 29 de outubro de 2010
O domingo en Meirás, o Numancia ten que intentar traer os tres puntos e recuperarse da derrota sufrida hai sete días. Carlos Rodríguez recupera a Borja mais perde a Jauma, sancionado, e tamén a Teti, lesionado. Ademais, aínda que entra na convocatoria, Zeta tamén é dúbida.
A convocatoria completa é a seguinte:
Porteiros: Carlos e Iván Núñez.
Defensas: Bule, Vicente, Antón, Costa, Pedro Machado e Zeta.
Medios: Oli, Borja, Jorge, Pedro Blanco, Rubén e Jose.
Dianteiros: Carlos, Manu e Javi.