AFECCIONADOS. NUMANCIA, 2 - G. MUGARDOS "B", 0.

SDR Numancia de Ares. Afeccionados 2010-2011. Numancia 2 - G. Mugardos MANUGOL = 3 PUNTOS
Partido aprazado da 3º xornada na 2ª Autonómica que enfrentou no martes festivo o Numancia e o Galicia de Mugardos “B” en Prados Vellos ante 400 espectadores. 


Ares 12 de outubro do 2010

ALINIACIONES:
NUMANCIA: Iván, Antón, Jauma, Vicente, Zeta (Costa 66´), Jorge (Carlos 81´), Pedro Machado (Bule 64´), Oli, Jose (Rubén 61´), Javi e Manu.
G. MUGARDOS “B”: Javi, Ricardo, Antón, Jorge, Juan, Josiño, Jose Ángel, Alberto (Hugo 46´) Borja (Mario 46´) Jorgito, Leo (Gustavo 69´)

COLEXIADO: D. Víctor García Villaverde (Delegación de Ferrol). Amosou 8 cartóns amarelos ó Numancia e 4 o G. Mugardos “B”. Expulsou o adestrador local Carlos Rodríguez.

 



Preciosa tarde festiva en Ares o que animou os afeccionados aresáns, mugardeses e de toda a comarca a achegarse a Prados Vellos para presenciar un derbi de rivalidade entre dous equipos veciños.

A verdade que o ambiente e a expectación era máxima, pero o partido decepcionou un pouco en canto a fútbol. Houbo emoción, tensión, moita disputa, o propio dos derbys. Na primeira media hora de encontro houbo algunha tímida chegada do Numancia a meta visitante, sen éxito, aínda que o partido caracterizábase polo centrocampismo e a loita contínua. Nestes partidos as diferencias marcanas os xogadores doutro nivel. No Numancia temos a sorte de ter un, a Manu, que no minuto 29 colle un balón en 3/4 de campo e lanza unha vaselina preciosa por enriba do porteiro, conseguindo un gol precioso que levantou a toda a bancada de Prados Vellos para aplaudir esa obra de arte 1-0 no marcador. Pero xa 2 minutos mais tarde, no 31, outra vez Manu aproveita un magnifico pase ás costas da defensa mugardesa para controlar o balón e fusilar o porteiro mugardés. 2-0 no minuto 31, parecía que o Numancia poñia terra de por medio. Poido ampliar a vantaxe o conxunto local antes do descanso, pero non foi posible.

Na segunda metade o Galicia intentou ir a buscar o partido, aínda que nos primeiros minutos os locais eran quen de impedilo. Na última media hora o Numancia perdeu o sitio no campo, o que fixo que os visitantes se chegarán algo mais a portería numantina, aínda que sen moita claridade. A xogada clave estivo na media hora da segunda metade cando o xogador do Mugardos Josiño fallaba un penalty, impedindo o seu equipo recurtar distancias e darlle mais emoción ó partido. De ahí ata o final, moita loita, algunha tímida chegada visitante pero sen perigo para o marcador final, o 2-0 coñecido.

En definitiva, un partido moi trabado e disputado, con moitas faltas e interrupcións. Un partido no que o mellor para todos e que non houbo ningun tipo de incidente no terreo de xogo nin fora del, e que dentro da tensión dun derby impúxose a cordialidade. O mellor para ó Numancia ós 3 puntos que o colocan entre ós 5 primeiros clasificados.
Agora ven a visita ó pequeno campo de A Capela e despois recibiremos a un dos equipos relevación ata o momento, o CD Cariño. Dous partidos bonitos para que o Numancia continue coa dinámica positiva de resultados e confírmese como un dos rivais a batir nesta tempada.

Para iso necesitará o apoio da sempre fiel afección numantina. Polo tanto vémonos o vindeiro domingo as 16:30 todos no campo de Os Calzados en A Capela. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.