AFECCIONADOS. CEDEIRA, 1 - NUMANCIA, 2.

SDR Numancia de Ares. Afeccionados 2010-2011. Cedeira 1 - Numancia 2. O Beco.POUCO FÚTBOL.
Nun encontro no que a coraxe permitiu aos de Ares facerse cos tres puntos.


O Beco 10 de outubro do 2010

ALINIACIONES:
CEDEIRA: Pablo, Iván, Francisco (Ricardo Rojas min. 87), Arturo, Alejandro, Iago, Ricardo Quintana (Alfredo min. 66), Bernardino, Antonio e Alberto.
NUMANCIA: Carlos, Costa (Bule min. 46), Jaume, Vicente, Antón, Pedro (Carlos min. 62), Oli, Jose (Rubén min. 46), Manu, Jorge (Teti min. 75) e Javi.

COLEXIADO: Alberto Martínez Miguez (Delegación de Ferrol)

GOLES:
1 - 0: min. 58 Alejandro (penalti).
1 - 1: min. 65 Manu.
1 - 2: min. 80 Rubén.
 


Primeira metade na que os de Ares comezaron ben aínda que aos poucos foron perdendo fol. Atrás a defensa non estivo moi acertada e tivo moitos problemas para sacar os balóns controlados ante a presión do rival. O que provocou peligrosísimas perdas de balón que afortunadamente non supuxeron moito problema para a meta aresá. A can fraco todas son pulgas, e en mediocampo tampouco era o día, tívose o balón pero non se soubo que facer con él. Aínda así os de Ares tiveron as mellores ocasións para inaugurar o marcador nas botas de Javi “paradón do gardameta” e Antón “ao que se lle notou a inexperiencia na área e desaproveito unha gran oportunidade”.

Na segunda metade, os primeiros 10 - 15 minutos, foron os peores do Numancia, véndose superados polos cedeirenses, que gozaron de tres boas ocasións para porse por diante no marcador, nun acoso e derribo sobre a área visitante. Froito dese acoso no minuto 58 chega un penalti, un pouco inocente de Rubén, para pór por diante aos locais. A partir de aquí cambio táctico do Numancia, que aposta por arriscar algo máis, a entrada de Jorge no campo tamén lles dá unha maior posesión e unha mellor saída de balón o que provoca que o Cedeira teña que replegarse. Os de Ares afiánzanse no mediocampo e aos poucos controlan o encontro sendo superiores ao rival ata o final do partido. No minuto 65 chegaría a igualada por medio de Manu e no 80 o gol da vitoria, un golazo de Rubén como colofón ao seu traballo e que emendou o seu erro no penalti.

Ao final vitoria merecida e tres importantes puntos que veñen moi ben para levantar a moral de cara a afrontar o próximo encontro ante o eterno rival.

O MARTES 12 DE OUTUBRO, ÁS 17:00 HORAS.
NUMANCIA - GALICIA DE MUGARDOS “B”.
¿VADESVOLO PERDER?
VEMONOS EN PRADOS VELLOS, NON FALTEDES.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.