2ª AUTONÓMICA. NUMANCIA , 2 – CEDEIRA, 2

Reparto de puntos entre dous equipos que non mereceron máis.

Pedro, Nunca te Olvidaremos. S.D.R. Numancia de Ares. Tempada 2008-2009. 2ª Autonómica

25 de xaneiro de 2009.

Xoán.

 

ALINEACIÓNS:

NUMANCIA : Kiko; Jose, César, Alex, Vicente (Redondo, m.85), Costa (Jesús, m 57);  Teti, Borja, Pedro (Oli, m. 58); Javi e Rubén.

CEDEIRA: Jesús; Pipo (Bruno, m. 72), Sancho, Bote, David Piñón; Nes (Berna, m. 45), Cristóbal, David Pérez, Pimo; Alfredo e Pepe (David López, m. 53).

ÁRBITRO: Manuel Bouza. Boa arbitraxe, e acertado nas xogadas conflitivas, aínda que os xogadores cedeirenses protestaron o segundo gol do Numancia. Amoestou a Jose, Javi e Oli polo Numancia, e a Cristóbal, Pimo e Berna polo Cedeira.

 

GOLES:

1 – 0 (m. 21: Javi, ao recoller un balón que o porteiro cedeirés non atallou, remata ás redes.

1 – 1 (m.23): Falta lateral  que cabecea Cristóbal, ante a impasividade da zaga local.

2 – 1(m. 65): Oli, ao recoller un rexeite do porteiro, tras falta lanzada por Borja. Salientar a dedicatoria deste gol, levantando as mans ao ceo, onde seguramente estará o tristemente desaparecido PEDRO.           O     li, unha vez máis, demostrou que é todo un exemplo de capitán.

Grazas, Oli.

2 – 2 (m. 73): Alfredo, dentro da área, fusila un balón que lle chegou rebotado.

 

COMENTARIO: NON MERECERON MÁIS

Regular partido o disputado esta tarde en Prados Vellos entre dous equipos que ofreceron un xogo bastante discreto.

O Numancia continuou utilizando un 5 -3 -2 mentres que o Cedeira xogou co tradicional 4 – 4 -2.

A primeira parte caracterizouse pola ausencia de xogadas de perigo. Tan só dúas chegadas do Numancia, unha que rematou cun disparo desviado de Teti e outra que Pedro cabeceou fóra. Polo Cedeira, unicamente unha internadade Pimo pola banda que finalizou cun disparo alto e desviado do ataque visitante.

A segunda parte comezou con dúas claras ocasións para o Cedeira: un disparo ao poste de córner directo  e un remate de cabeza de Pepe que Kiko, en espectacular estirada desviou a córner. Despois chegaron os dous goles e algunhas ocasións para o Numancia.

En definitiva, empate a dous goles e reparto de puntos

 

INCIDENCIAS:  Antes de comezar o partido gardouse un minuto de silenzo en memoria do noso amigo Pedro, secretario do Numancia falecido hai uns días. Asimesmo, os xogadores quixeron renderlle unha especial homenaxe, saíndo ao campo con brazaletes negros e cunhas camisetas que lucían unha frase na súa lembranza: “Pedro, nunca te olvidaremos”.         

Acudiron a Prados Vellos uns sesenta espectadores, desafiando un clima invernal, con saraiba incluída.

A chuvia caída antes e durante o partido encharcou algunhas zonas do campo, principalmente as bandas, impedindo o fútbol rápido.

Neste partido debutou Rubén Redondo, quen levaba adestrando co equipo dende agosto.

No descanso do partido realizouse o sorteo dun lacón, codiciosa peza que recaeu en Ana, compañeira de Xelo. Bon proveito, familia!

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.