AFECCIONADOS. OS AMIGOS, 2 - NUMANCIA, 4.

SDR Numancia de Ares. Afeccionados 2010-2011. Os Amigos 2 - Numancia 4. CaranzaDECIDIU A CALIDADE

4ª xornada da Liga de 2ª Autonómica onde o Numancia venceu no terreo de Caranza a Os Amigos ante preto de 100 espectadores, a maior parte deles numantinos. 

Ares, 26 de setembro do 2010.

NUMANCIA: Carlos (Iván 82), Costa (Rubén 46´), Jauma, Antón, Vicente, Zeta (Teti 70´), Bule, Pedro Machado, Jorge, Jose (Pedro 80´), Manu.

COLEXIADO: D. Alejandro Méndez Bouza asistido por Mato Sanmartin e Toimil Romero. (Delegación de Ferrol)

GOLES: Bule, Jauma, Manu e Jorge polo Numancia.

COMENTARIO:
Voltaba á competición o primeiro equipo do Numancia despois da derrota en As Somozas fai dúas semanas e do aprazamento do partido ante o Galicia de Mugardos “B” a pasada semana.
Disputouse un partido nunha preciosa tarde de domingo, con sol e temperaturas suaves nunhas magníficas instalación para xogar e presenciar ó fútbol como son as do campo de Caranza.
Comezaba o encontró con moito centrocampismo, os dous equipos tanteándose. No minuto 15 de xogo unha falta sacada maxistralmente por Jorge e rematada a gol por Bule no segundo palo, conseguindo o 0 - 1 no marcador. Este gol non cambiou a tónica dun partido no que non existían claras ocasións de gol. Nunha segunda xogada, o balón e controlado por un xogador local que envía o balón as redes da portería aresán, conseguindo o empate a 1 gol no minuto 35. De ahí ata o descanso, un 1 contra 1 moi ben solventado por o porteiro xuvenil do Numancia Carlos e alguna tímida chegada do Numancia. Chegábase o intermedio cun empate xusto polo visto na primeira metade.
No segundo tempo, saíu o Numancia a polo partido. Tivo varias ocasións ata que unha falta lanzada por Jorge o porteiro local rechaza o balón que chega a un atentísimo Jauma que consegue establecer o 1 - 2 no marcador ós 60 minutos de xogo. Os locais buscaban o empate, o Numancia necesitaba matar o partido. Para iso apareceu a calidade dun dos mellores xogadores da 2º Autonómica. Nun balón intrascendente, que baixaba do ceo de Caranza, Manu consegue golpear ese balón dende 30 metros sen que toque o chan, conectando unha espectular volea que levaba o balón as redes da portería local. Un auténtico golazo so alcance de xogadores de moita calidade, que suponía o 1 - 3 no marcador faltando 20 minutos para o final. Parecía que o Numancia levaríase o partido tranquilamente, pero a falta de 5 minutos un balón colgado a área numantina e rematado a gol por un xogador local, nun claro fallo defensivo numantino. 2 - 3 e dúbidas nos aresáns, incluso medo no corpo cando un despexe desafortunado de Jauma está a piques de colarse na portería numantina. Pero como dícimos no titular, decidiu a calidade. No minuto 88, unha falta lanzada de maneira maxistral polo xóven Jorge entra pola escuadra da portería de Os Amigos, pechando o encontró co 2 - 4 xa coñecido. Outra vez mais, a xuventude numantina era importante nos tramos claves do encontró.

En definitiva, 3 puntos importantes para o Numancia. Un Numancia que fixo un partido aceptable, moi ben plantado no campo e notable no aspecto físico. Quizais deixou algunas dúbidas no seu xogo en ataque que foron suplidas pola calidade técnica individual dalgúns dos seus futbolistas. Eses xogadores e algún mais que hoxe non poideron xogar, son os que están chamados a marcar ás diferencias no equipo. Nunha Liga tan igualada como a 2ª Autonómica o estado físico e a calidade individual dos futbolistas son o que marcan ás diferencias a hora da verdade. Polo tanto agardamos que o Numancia recupere a todo o seu plantel, siga mellorando no aspecto colectivo e siga tendo ós xogadores importantes en estado de gracia; xa que agora chegan 3 partidos moi complicados, Maniños en Ares, visita ó Cedeira e Galicia de Mugardos “B” en Ares ó martes 12 de outubro no partido adiado. Tres partidos que podén marcar un punto de inflexión para este Numancia, se é quen de sacalos adiante con resultados positivos. Para estos partidos o Numancia necesita o apoio da sempre fiel e animosa afección numantina. Así que xa sábedes todos, próxima cita o vindeiro domingo ás 16:30 en Prados Vellos nun dos partidos mais agardados por todos. NUMANCIA – MANIÑOS o vindeiro domingo as 16:30.
¡¡¡A Marea Vermella deberá apoiar os numantinos facendo de Prados Vellos un fortín inexpugnable¡¡¡ ¡¡¡¡NON FALTEDES¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.