XUVENÍS : NUMANCIA 2- MUGARDOS 3

BROTES VERDES

Ares, 30 de xaneiro de 2010.
Partido xogado en Prados Vellos no derby da Península de Bezoucos. A pesares da tarde de frío e chuvia unhas 200 persoas de Ares e Mugardos viñeron ver o partido. Antes do partido gardouse un minuto de silencio “in memorian” do noso querido e admirado Benigno.


ALINEACIÓNS:
NUMANCIA: Fivi, Álvaro (Miguel m.60), Amenedo, Martín, Jorgito, Pedro, Juanra (Dani m55), Coco (Jony m.75), Pita (Pablo m.70), Jorge e Manu.
MUGARDOS: Aaron, Adrian, Rubén, Jakue, Adrian G., Jorge, Joaquín, Ángel, David R., Manu, Javi. Tamén xogaron David, Raúl, Daniel, Adrian e Pablo.
Goles:
0-1:m.5. David, dianteiro do Mugardos e con diferencia o mellor home do partido, gañalle a partida a Martín nun balón dividido, encara o porteiro e bateo por baixo.
1-1: m.28. Falta a favor do Numancia, o balón vai o segundo pau donde o lateral dereito mugardés nos está moi afortunado quedandolle o balón a Pita que resolve dun tiro raso e cruzado.
1-2:m.43.Córner innecesario cedido pola nosa defensa, a saída deste o balón sae rexeitado  e o dianteiro mugardés antes mencionado arrea un duro balonazo que entra pola escadra da portería gardada por Fivi.
2-2:m.68.Boa internada de Dani pola banda direita con centro o segundo pau donde Pita falla no intento de remate pero coa sorte de que o balón quédalle morto a Manu a un metro da portería para que fusile o porteiro mugardés.
2-3:m.70.Cáseque sen tempo para disfrutar do gol do empate novamente o nove  mugardés entra na área e Martín no seu intento de despexe faille un claro penalti que é convertido en gol polo Mugardos.
Comentario:
Parafraseando a nosa Vicepresidenta do goberno e esperando ter mello ollo do que ela mostra, vexo certa melloría no xogo do equipo, nesta tarde e moi probable que a pesares da derrota o equipo fixo o mellor partido ata o momento.
O Mugardos que no partido da primeira volta sacounos do campo, hoxe tivo que sufrir para conseguir os tres puntos nun partido no que na miña modesta opinión o mais xusto quizáis houbera sido un empate.
Foi un partido intenso e disputado no cal os dous equipos tiveron ocasións de gol e os afeccionados  poideron disfrutar dun partido no que pasou unha cousa non habitual nos partidos entre Mugardeses e Aresanos.
Quero felicitar os mozos dos dous equipos porque foron quen de xogar un partido intenso no cal o marcador non estivo claro en ningún momento e nembargantes foron quen de facelo con total deportividade, nada que ver con outros días nos que vin algún derby que rematou nunha batalla campal.
Asemade, a xente que tivo a ben vir o partido, estivo en todo momento correcta e non se produciron esas trifulcas habituáis doutros partidos entre dous equipos vecinos que teñen que apoiarse e non insultarse.
 RAFA

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.