XUVENÍS: NUMANCIA, 4 - AMISTADE, 1

O MELLOR, OS TRES PUNTOS

 No descanso, 2 - 1 favorable ao Numancia.
 
Ares, 3 de outubro de 2017.
Partido correspondiente á 3ª xornada da Primeira Fase da liga xuvenil, disputado na tarde do sábado en Prados Vellos.
 
FICHA TÉCNICA:
 
NUMANCIA: Tito, Dani, Raúl (Adri García), Piñeiro (Adrián), Jaime, Pablo Vascós, Cavezza, Martín, Pablo Ferrol, Alex Feal (Barreiro), Iván (Alex Saavedra)
 
Adestrador: "Chemari"
 
Delegado: Manuel Cartelle
 
AMISTADE: Dani Malde,Yoseph, Miguel, Christian, Dani Prieto, Juan, Ángel, Pablo, Dan, Pablo Barcelo, Adrián.
 
Adestrador: Víctor Rodríguez Saavedra
 
Delegado: Marcos Casal Castro
 
COLEXIADO: Jeisson Aguado Castaño. Amonestou a Pablo Vascós, Tito e Adrián no Numancia. Pablo Barcelo e Miguel foron amonestados no Amistade Meirás.
 
RESUMO:
 
ADR Numancia de Ares. Juveniles 2017-2018. Numancia, 4 - Amistade, 1Despois da derrota en Caranza, necesitaba o Numancia unha vitoria para non caer dos postos altos da clasificación. Visitaba Ares o Amistade Meirás, que chegou a Prados Vellos con 11 xogadores xustos que deron una lección de entrega e compromiso durante todo o partido.
 
Comezaba moi ben o encontro para os numantinos. Ivan asistía a Alex Feal para que este anotara o 1-0 no minuto 5 de xogo. No 12, sería Iván o que anotaba o 2-0 aproveitando unha boa asistencia de Pablo Ferro. E ata aí durou o Numancia. Os rapaces aresáns entraron nun letargo que conlevou imprecisións nos pases e faltas de concentracións defensivas. No minuto 13, Juan facía o 2-1 para o Amistade. Como dicíamos, na última media hora da primera metade vimos pouco xogo, un partido gris e soporífero como o mesmo día no climatolóxico. 
 
Na segunda metade refrescou a tarde, o que axudou tamén a refrescar as ideas do Numancia. Cavezza e Pablo Ferro, en sendas xogadas individuais facían o 3-1 e 4-1, nos minutos 76 e 84 de partido, para confirmar que o mellor deste partidos, os tres puntos, quedaban na casa
 
A vindeira fin de semana, o Numancia visitará a un dos equipos fortes da categoría, o Eume Deportivo. Agardamos ver a mellor versión destos rapaces en Pontedeume, nun partido que servirá por seguir loitando para acadar o pase a liga dos mellores.
 
 
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.