Inicio Noticias Xuvenís XUVENÍS: CRÓNICAS DO VI TORNEO A CASA NOVA
 
 

XUVENÍS: CRÓNICAS DO VI TORNEO A CASA NOVA

FINAL: CIUDAD JARDÍN, 5 - G. MUGARDOS, 2

Disputouse durante a xornada do sábado, o VI Torneo de xuvenís, VINOTECA A CASA NOVA de Ares. Numancia de Ares , Galicia de Mugardos, Ciudad Jardín e Atlético Castros, disputaron un cuadrangular ...

 

Ares, 27 de agosto de 2017.

... no que todos os equipos xogaron dous partidos de 80 minutos. Estes foron os protagonistas dos encontros:

NUMANCIA: Tito, Carlos, Jaime, Raúl, Pablo Ferro, Pablo Vascós, Adri, Anido, Barreiro, Martín, Iván, Alex Feal,  Dani, Fran Romaus, Piñeiro.

Adestrador: Chemari

Delegado: Javi Aneiros


G. MUGARDOS: Diego, Dani, Sergio, Pablo, Jorge, Jony, Rafa, Mauro, Migui, Adri, Fili, Enri, Raúl, Tuñas, Javi, Brais.

Adestradores: Adrián Martínez e Chusín

Delegado: Jorge García


CIUDAD JARDÍN: Santi, Pablo, Jorge, Xavi, Guzmán, Corral, Dani, Jose, Diego, Antonio, Jony, Andrés, Iago, Jordan, Guillerme, Andrés.

Delegado: Luís Ríos 


ATL. CASTROS: Rafa, Javi, Joaquín, Alex, Matías, Pedro, Carlos, Álvaro, Jorge, Sergio, Kevin, Andrés, Roi, Juan, Simón, Nico, Adri, Jeilin, Jose, Tino.

Adestrador: Ramón Álvarez

Delegado: Ignacio Álvarez

COLEXIADOS: Manuel Bejarano, Martin Zakaryan, Gonzalo Abol, Roberto Díaz.


COMENTARIOS:

Nunha mañá con orballo a primeira hora, nubes e sensación de bochorno, disfrutamos de dous partidos de semifinais bonitos, disputados e con bastante ritmo.

 

10:00: NUMANCIA 1 - G. MUGARDOS 2

ADR Numancia de Ares. Juveniles 2017-2018. VI Trofeo Restaurante A Casa Nova 2017. Prados Vellos. Ciudad Jarín, Atlético Os Castros, Galicia de Mugardos y Numancia de Ares.Gran derbi para abrir o Torneo. O Numancia levou o peso do xogo e gozou de claras ocasións na primeira metade, pero non atopou o gol. Os visitantes, conseguían chegar ao descanso cun 0-1 favorable tras anotar Adri un gol no minuto 20, despois dunha xogada desafortunada dos locais.

Na segunda metade, Iván anotaba o 1-1 no minuto 60 tras finalizar con éxito unha xogada colectiva dos aresáns. Tivo a vitoria o Numancia nos seguintes minutos, xa que errou claras ocasións, enviando tamén un balón ao traveseiro. Pero os de Mugardos fixeron bo o lema de "goles son amores" e novamente Adri aproveitaba un erro na saída de balón dos numantinos para darlle a vitoria aos mugardeses e conseguir o pase a final do torneo.

 

11:50:  CIUDAD JARDÍN 3 - ATLÉTICO OS CASTROS 2

ADR Numancia de Ares. Juveniles 2017-2018. VI Trofeo Restaurante A Casa Nova 2017. Prados Vellos. Ciudad Jarín, Atlético Os Castros, Galicia de Mugardos y Numancia de Ares.No derbi herculino, comezaron forte os do Ciudad Jardín e aos 15 minutos xa vencían por 2-0, resultado co que se chegaba ao descanso. Na segunda metade igualáronse as forzas, conseguindo os dos Castros o 2-1 no minuto 55. No 60, chegaba o 3-1 para os de Agra do Orzán. No 70, o Atlético Castros levaban a incertidume ao marcador anotando o 3-2 despois dunha gran xogada colectiva. Nos últimos 10 minutos non se moveu o marcador, a pesar de que ambos equipos gozaron de claras ocasións de gol. O pitido final outorgáballe ao Ciudad Jardín o pase a final do Torneo.

Na xornada da tarde, apareceu o sol en Prados Vellos, polo que a sensación de calor aumentou considerablemente. O ritmo dos partidos baixou, debido tamén á calor e ao cansazo dos xogadores. Pese a iso, vimos moitos goles e xogadas dignas de mención na xornada de tarde.

 

ADR Numancia de Ares. Juveniles 2017-2018. VI Trofeo Restaurante A Casa Nova 2017. Prados Vellos. Ciudad Jarín, Atlético Os Castros, Galicia de Mugardos y Numancia de Ares.16:45: NUMANCIA DE ARES 2 - ATLÉTICO OS CASTROS 0

O partido polo terceiro e cuarto posto estivo caracterizado pola forte calor e o ritmo lento de xogo. O Numancia, ao igual que no partido da mañá, dominaba o xogo pero seguía carente de puntería nos últimos metros. Na segunda metade, os numantinos atoparon por fin o premio á súa insistencia en forma de goles. Iván tras finalizar unha xogada colectiva, e Adri rematando de cabeza un córner que peiteaba Iván, dábanlle a vitoria aos numantinos e o terceiro posto do Torneo.

 

18:30: GALICIA DE MUGARDOS 2 - CIUDAD JARDÍN 5

ADR Numancia de Ares. Juveniles 2017-2018. VI Trofeo Restaurante A Casa Nova 2017. Prados Vellos. Ciudad Jarín, Atlético Os Castros, Galicia de Mugardos y Numancia de Ares.Na gran final, cunha temperatura máis agradable, os da Coruña encarrilaban o encontro e xa ganaban por 0-2 no minuto 15. Adri anotaba o 1-2 no minuto 25 para os mugardeses, transformando unha pena máxima. Pouco despois gran gol do Ciudad Jardín, que anotaba o 1-3 que figuraba no intermedio. Nada máis comezar o segundo tempo, os herculinos aumentaban distancias, conseguindo o 1-4. No 60 buscaba reaccionar o Mugardos anotando o 2-4, pero 10 minutos despois o Ciudad Jardín facía o 2-5 sentenciando o partido e levando o  VI Torneo Vinoteca A CASA NOVA para a cidade herculina. Un conxunto do Ciudad Jardín no que destacaron o seu central Guzmán Alejo Sessa, un xogador dun poderío físico e calidade que ben podería xogarlle para destacar en máis dun equipo de modestos, e o seu extremo dereito, Guillerme Tomaz Marquez, un atacante rápido e habilidoso que marcou diferencias nos dous partidos disputados polos coruñeses no Torneo.

Ao remate do primeiro partido da tarde, o representante da Vinoteca A CASA NOVA de Ares, Alex, fixo entrega dos trofeos de cuarto e terceiro clasificado ao Atlético Castros e ao Numancia, respectivamente. Despois da gran final, Alex fixo entrega do trofeo de subcampión ao Galicia de Mugardos e o de campión do Torneo ao Ciudad Jardín da Coruña. Dende o Numancia de Ares, queremos agradecer a Vinoteca A CASA NOVA a súa colaboración co Numancia por sexto ano consecutivo.

ADR Numancia de Ares. Juveniles 2017-2018. VI Trofeo Restaurante A Casa Nova 2017. Prados Vellos. Ciudad Jarín, Atlético Os Castros, Galicia de Mugardos y Numancia de Ares. ADR Numancia de Ares. Juveniles 2017-2018. VI Trofeo Restaurante A Casa Nova 2017. Prados Vellos. Ciudad Jarín, Atlético Os Castros, Galicia de Mugardos y Numancia de Ares.

ADR Numancia de Ares. Juveniles 2017-2018. VI Trofeo Restaurante A Casa Nova 2017. Prados Vellos. Ciudad Jarín, Atlético Os Castros, Galicia de Mugardos y Numancia de Ares. ADR Numancia de Ares. Juveniles 2017-2018. VI Trofeo Restaurante A Casa Nova 2017. Prados Vellos. Ciudad Jarín, Atlético Os Castros, Galicia de Mugardos y Numancia de Ares.

Galería de imaxes do Torneo

 

Tamén dende o Numancia de Ares queremos agradecer aos nosos veciños do Galicia de Mugardos a súa asistencia a un Torneo do que xa son un clásico. Tamén como non e de maneira especial, queremos agradecer aos dous conxuntos da Primeira División xuvenil de A Coruña que se desprazaron á nosa vila, o Ciudad Jardin e o Atlético Castros, que amosaron un bo comportamento na súa participación neste torneo en Prados Vellos.

En canto ao Numancia, o adestrador, Chemari, amosábase contento co traballo dos rapaces durante as tres semanas de adestramento e tamén nos partidos amigables. Comentaba Chemari que agora queda traballar duro as próximas dúas semanas, para chegar nas mellores condicións posibles ao debut en competición oficial, o 9 de setembro no Municipal de Miño ante o equipo local.


¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.