Inicio Noticias Xuvenís XUVENÍS: NUMANCIA, 1 - MARAVILLAS, 1
 
 

XUVENÍS: NUMANCIA, 1 - MARAVILLAS, 1

INTENSO E DISPUTADO, CON IGUALDADE TOTAL.

Primeiro partido amigable dos xuvenís de Chemari ante un Maravillas da Primeira Autónomica coruñesa.
Ares, 20 de agosto de 2017.
 
Interesante proba para que Chemari vaia coñecendo e valorando o que poden dar de si cada un dos rapaces que esta temporada intentarán meterse no primeiro grupo da Liga.
 
As aliñacións foron as seguintes:
 
NUMANCIA: Tito; José Carlos, Jaime, Raúl, Ferro; Vascós, Adrián, Fran; Martín, Iván e Cavezza. Tamén xogaron Barreiro, Feal, Dani, xunto os cadetes Mario García e Mario Martínez.
Adestrador: Chemari.
Delegado: Javier Aneiros.
 
 
 
 
MARAVILLAS: Mario; Ismael, Gabri, Maside, Marcos, Adrián, Sergio, Álvaro, Rodrigo, Juan e Xabier. Ademais xogaron Daniel, Christian, Illán e Leivas.
Adestrador: Edgar de Nicolás.
Delegado: Juan Castillo. 
 
O encontro estivo caracterizado por un maior control do equipo dos Mallos pero cun Numancia ordenado que abortaba as chegadas do Maravillas. O gol do Numancia foi conseguido por Fran Anido nunha excelente finalización.
A ADR Numancia manifesta o seu agradecemento ao equipo coruñés do Maravillas por terse acercado á nosa vila e mostrar un correctísimo comportamento. 
 
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.